Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Adenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á posta en marcha de servizos dixitais no ámbito da administración

Esta adenda asinada pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Red.es ten por obxecto a dotación de infraestrutura tecnolóxica, que habilite o despregamento de aplicacións e/ou servizos para o desenvolvemento do expediente xudicial electrónico no ámbito da Administración de Xustiza de Galicia.

12/08/2011

Estas actuacións encádranse no ámbito de "Dotación de aplicacións e Infraestrutura TIC" entre as que destacan:

  • Dotación de equipamento informático para órganos xudiciais ou outros órganos ou axentes da Administración de Xustiza, da Comunidade Autónoma de Galicia, que permita o despregamento do sistema informático de comunicacións Lexnet.
  • Dotación de equipamento informático nos centros adscritos ao Instituto de Medicamento Legal da Comunidade Autónoma de Galicia, habilitando a súa informatización.
  • Dotación de equipamento informático para a posta en marcha dos servizos do Punto Neutro Xudicial desenvolvidos polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
Organismo promotor: Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Red.es