Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica porán en marcha unha serie de xornadas formativas destinadas aos técnicos municipais e responsables do goberno local con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos. O obxectivo das xornadas é capacitar a estes profesionais na tramitación das licencias municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, tanto no relativo ás urbanísticas como ás de nova apertura ou funcionamento.

Esta iniciativa enmárcase nun convenio asinado o pasado 29 de xuño de 2011 entre a responsable do departamento autonómico, Mar Pereira, e o decano do COETG, Ramón Bermúdez de Castro, no que ademais se contempla o fomento das Telecomunicacións e da Sociedade da Información a través de outras accións como a promoción de proxectos innovadores no eido das TIC en Galicia. En virtude do acordo a Secretaría Xeral achegará ao Colexio un total de 55.000 euros para o desenvolvemento destas actuacións.

Unha aposta pola formación integral nos concellos
As xornadas técnicas serán impartidas por enxeñeiros de telecomunicación con gran experiencia neste eido pertencentes ó COETG. Os relatores elaborarán a documentación específica tratando de aportar o maior valor engadido posible tanto no plano técnico como docente. Para o desenvolvemento das devanditas xornadas se utilizarán as aulas dos concellos pertencentes á rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta (CeMIT), co obxectivo de optimizar recursos.

Ao rematar a formación, o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia realizará entre os participantes unhas enquisas de satisfacción cun análise dos resultados coas súas conclusións, coa finalidade de determinar a necesidade de desenvolver accións futuras no campo das TIC.

Cara a estandarización dos procedementos TIC nos 315 concellos galegos
A iniciativa xurdiu ademais coa vocación de que ao rematar as xornadas, a documentación xerada se converta nun manual de referencia para os concellos galegos. Un compendio documental que aglutine todo o necesario para unha axeitada tramitación das licenzas municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, poñendo a disposición dos técnicos municipais a ampla bagaxe de coñecementos tecnolóxicos dos relatores pertencentes o COETG, que abranguerá as distintas disciplinas implicadas na tramitación de licenzas municipais para a instalación de antenas, dende a normativa vixente en materia de telecomunicacións ou ambiental, a aplicación do Código de boas prácticas e ordenanza tipo aprobada pola Comisión Sectorial para o Despregue de Infraestruturas de Radiocomunicación (CSDIR) ata aspectos relativos á seguridade e saúde así como as diferentes tecnoloxías dispoñibles na actualidade.

A sinatura do convenio, contempla tamén o fomento das Telecomunicacións e da Sociedade da Información a través de outras accións como a promoción de proxectos innovadores no eido das TIC en Galicia. Así o colexio celebrará este ano a XVI edición da Noite Galega das Telecomunicacións, un encontro que reúne a profesionais do sector TIC do ámbito autonómico, estatal e internacional e durante o mesmo fanse entrega dos premios Galicia de Telecomunicación 2011.

Este gran foro tecnolóxico organizado polo COETG pretende servir como importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar o emprego das TIC de cara a fomentar a empregabilidade, a competitividade empresarial e o desenvolvemento tecnolóxico, no marco do Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 sobre a base da economía xerada pola banda larga.

Organismo promotor: Xunta de Galicia