Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal para o impulso do dominio .gal

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal para o impulso do dominio .gal

O presente Convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal co obxectivo de impulsar o dominio .gal

O presente Convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal co obxectivo de impulsar o dominio .gal

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vén colaborando coa Asociación PuntoGal para impulsar o dominio ”.gal” en internet. Así se recolle neste novo convenio asinado entre ambas entidades o pasado 11 de abril de 2011 no que se estipula que o departamento autonómico achegará 55.000 euros a PuntoGal para a realización de actuacións orientadas a conseguir o devandito dominio.

A Asociación PuntoGal, constituída co obxectivo de conseguir a creación do dominio “.gal” en internet, está a realizar todos os trámites precisos para acadar este obxectivo ante o organismo competente, Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). O obxectivo de PuntoGal é establecer un dominio en internet para a comunidade cultural e lingüística galega, o “.gal”, baixo o que poderán rexistrarse aquelas entidades, empresas ou persoas que se expresen en lingua galega e contribúan ao fomento da nosa cultura.

Actuacións
A achega da Secretaría Xeral de Modernización destinarase a varias actuacións primeiro lugar, á posibilitar a presenza dos asesores técnicos de PuntoGal nos encontros que o ICANN e outras entidades vinculadas ao regulamento da rede celebrarán este ano en Belgrado e Munich, incluíndo o material informativo e promocional preciso para a participación de PuntoGal nestes eventos. Tamén se contempla a produción dun vídeo informativo do proxecto PuntoGal en varias linguas tanto para o ICANN como para os organismos relacionados coa regulación da rede e a sociedade galega en xeral e que se difundirá a través da web da asociación.

Para promover a candidatura do dominio a Asociación contratará un servizo de apoio de carácter administrativo para que execute os traballos necesarios para o bo funcionamento e atención das necesidades requiridas pola candidatura do “.gal”. Tamén se contratará un servizo de asesoramento técnico especializado para a realización de traballos relacionados co ICANN encamiñados á presentación definitiva da candidatura ante a ICANN.

Por outra banda, a Asociación PuntoGal estará presente en distintas feiras e encontros que se realizarán en Galicia e noutros lugares de influenza do colectivo de emigrantes galegos co obxectivo de dar a coñecer e promover entre a cidadanía galega as necesidades e posibilidades de contar cun dominio propio e promover así a candidatura do “.gal.

Organismo promotor: Xunta de Galicia