Documentos

Formulario de busca

Fondos

DocumentosDocumentos

Formulario de busca

cierra cierra

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a entidade pública empresarial red.es para o desenvolvemento de actuacións na Comunidade Autonoma de Galicia destinadas á posta en marcha de servizos dixitais no ámbito da administración de Xustiza

O obxecto do presente Convenio é o desenvolvemento de Servizos Públicos Dixitais no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, a través da implantación de novos sistemas de información, infraestruturas TIC e servizos asociados. Adicionalmente é obxecto do presente Convenio a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas ás actuacións contempladas no mesmo.

23/11/2010

Segundo o presente Convenio poderánse desenvolver actuacións enmarcadas dentro dos ámbitos que se mencionan a continuación:

  • Dotación de aplicacións e infraestrutura TIC: realizaránse proxectos dirixidos á mellora da infraestrutura tecnolóxica.

  • Dixitalización da información procesal: implantación do expediente electrónico xudicial e a eliminación progresiva da xestión do papel.

  • Desenvolvemento de servizos electrónicos: posta en marcha de servizos electrónicos para que todos os interesados poidan acceder á información.

  • Actuacións de difusión: difundir as actuacións e resultados que se deriven do presente Convenio. 

As actuacións a realizar con cargo ao investimento inicial encádranse no primeiro e o último ámbito. Estas actuacións estarán formadas por:

  • Dotación de servidores para sedes xudiciais.

  • Dotación de equipamento informático para o persoal vinculado á Administración de Xustiza dos órganos xudiciais.

  • Dotación de sistemas de almacenamento para sedes xudiciais.

  • Dotación de sistemas de alimentación ininterrompida que garantan a alimentación eléctrica, en caso de corte eléctrico.

O investimento inicial máximo destinada á realización das actuacións previstas ascende a 1 millón de €, dos cales 700.000 € serán achegados por red.es e o resto pola Secretaría Xeral de Modernización.

Asinan o convenio, o día 23 de novembro de 2010, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, actuando en representación da Xunta de Galicia, e Sebastian Muriel Herrero, Director General da Entidade Pública Empresarial red.es.

Organismo promotor: