Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia / Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para o fom
O presente convenio contribuirá ao desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia a través da potenciación das telecomunicacións entre a sociedade, o fomento do compañeirismo entre os enxeñeiros de telecomunicacións, a concienciación aos pais sobre os usos e riscos das TIC, os métodos máis doados de control do uso de internet...
O presente convenio ten por obxecto a posta en marcha de actuacións para o fomento da sociedade da información, entre as que estarían:
- XIV Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.
- Sistemas de uso seguro de internet na infancia. Vixilancia e control do uso de internet.
- Actividades de difusión e presentación do Dicionario galego das TIC.
Este convenio ten un carácter de interese xeral xa que contribuíu a:
- Facilitar o desenvolvemento e progreso da comunidade autónoma de Galicia a través da potenciación das telecomunicacións entre a sociedade.
- Fomentar o compañeirismo entre os enxeñeiros de telecomunicacións.
- Concienciar os pais sobre os usos e riscos das TIC.
- Facilitar os métodos de control do uso de internet.
- Dar a coñecer ao sector TIC e á sociedade en xeral o Dicionario galego das TIC.
Asinan o convenio, o 13 de novembro 2009, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en representación da Xunta de Galicia, e o decano/presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia / Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.