Convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia para o apoio ás actividades de promoción do software libre en Galicia
Este convenio de colaboración ten por obxecto determinar o marco de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e o Cesga para o apoio das súas respectivas actividades de promoción do software libre e colaborar na xestión das distintas iniciativas de promoción do software libre de Galicia promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

De acordo co presente convenio, deberán levarse a cabo as seguintes actuacións:
- Actuacións para a localización ao galego
- Actuacións para desenvolvemento
- Actuacións para a implantación
- Actuacións de apoio á formación
- Actuacións de observación estatística
- Actuacións para a difusión
- Outras actuacións de soporte técnico
- Mantemento da plataforma tecnolóxica
Asinan o convenio, a 8 de maio de 2008, o conselleiro de Innovación e Industria, en representación da Xunta de Galicia, e o presidente da Sociedade de Xestión do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga).