Convenio bilateral de colaboración entre a entidade pública empresarial Red.es e a comunidade autónoma de Galicia para o desenvolvemento do programa Rexistro Civil en liña incluído no Plan Avanza
O obxecto de convenio é a execución na comunidade autónoma de Galicia das actuacións do programa Rexistro Civil en liña incluído no Plan Avanza, de acordo co establecido no convenio marco de colaboración.
29/01/2007
Estas actuacións están destinadas a incorporar definitivamente o Rexistro Civil á sociedade da información e, en particular, a acelerar a efectiva integración das TIC nos xulgados de paz de Galicia.
En concreto, as actuacións que se realizarán son:
- Dotar de conectividade, equipamento informático e soporte os xulgados de paz de Galicia.
- Implantar nos xulgados de paz a aplicación informática INFOREG e formación para o seu uso.
- Execución do proxecto de gravación e dixitalización dos libros rexistrais.
Asinan o convenio o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o director xeral da entidade pública empresarial Red.es, a 29 de xaneiro de 2007.
Organismo promotor: Xunta de Galicia