Reto tecnolóxico 1
Inspeccións Intelixentes Avanzadas
Departamentos que propoñen o reto
- Consellería do Medio Rural / Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA)
- Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
1.- Áreas/temas nos que o departamento quere investigar/innovar co obxectivo de mellorar a prestación de servizos públicos a través da innovación tecnolóxica.
- Captura de datos xeográficos, territoriais e agroambientais mediante tecnoloxías LIDAR, mediante a análise das imaxes obtidas a través de UAVs ou outros medios, ou mediante sensorízación.
- Integración e hibridación dos datos obtidos dos distintos sistemas de captura.
- Análise automático dos datos obtidas para a obtención automática de información xeográfica, territorial e agroambiental, e posta a disposición desa información dos usuarios finais.
- Actualización continua dos datos e da información.
2.- Actividades ou procesos intensivos en recursos do departamento susceptibles de mellorar mediante o emprego de solucións tecnolóxicas innovadoras.
Dispoñer dunha solución tecnolóxica que permita a dispoñer de xeito automatizado de servizos de valor añadido para os axentes do sector agro-gandeiro, mediante o uso de medios tecnolóxicos (en particular mediante o uso de medios aereos non tripulados, e outros sistemas tecnolóxicos). En particular, dita solución debe proporcionar, entre outros servizos de valor engadido, dos servizos para a realización dos controis de campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) de xeito automatizado mediante os medios antes indicados, aumentado a eficiencia e eficacia destes e reducindo a súa complexidade e custes de realización (polo tanto, o proceso inclúe tanto a obtención de datos, como a súa almacenaxe, o procesamento e análise para a obtención de información, a transformación desa información en servizos -- en particular os necesarios para a realización e validación dos controis indicados).
3.- Retos técnicos ou tecnolóxicos que deberían solventar ditas solucións (inclúese neste apartado a integración das solucións nos actuais procesos ou plataformas tecnolóxicas do departamento).
- Captura de información xeográfica, territorial, e agraria (relativa aos cultivos e as parcelas, e o seu estado).
- Integración de distintas tecnoloxías na captura da datos.
- Técnicas e modelos de análise e procesado da información capturada para obtención de información.
- Integración da información en sistemas de xestión.
4.- Equipo xestor e técnico que achega o departamento para colaborar co socio tecnolóxico.
Persoal técnico multidisciplinar con experiencia na xestión das axudas vencelladas a política agraria común (PAC); a captura, xestión e análise de información xeográfica e territorial; así como no desenvolvemento e integración de sistemas de información.
5.- Mellora operacional, optimización de procesos, redución de custos...que espera conseguir coa implantación das solucións tecnolóxicas innovadoras.
- Redución do tempo de realización dos controis de campo
- Aumento do número de recintos controlados
- Redución dos custes de realización dos controis
- Aumento do nivel de seguridade na realización dos controis
6.- Documentación.
Mapa Demanda Temperá - Inspeccións Intelixentes Avanzadas
Documentación Ficha de avance - Inspeccións intelixentes avanzadas
Documentación do II Workshop Consultas Preliminares ao Mercado do Sector Primario- 21 de Decembro
Documentación do Workshop Consultas Preliminares ao Mercado do Sector Primario - 23 de Novembro
Documentación da Xornada de Innovación Dixital do Sector Primario - 27 de Outubro
Documentación Circular do FEGA - Plan nacional de controis sobre o terreo
7.- Entidades participantes no proceso de consultas.
FAQS
Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"