CPTi Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas

Formulario de busca

Fondos

CPTi Primare – Inspeccións Intelixentes AvanzadasCPTi Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas

Formulario de busca

cierra cierra

CPTi Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas

Confinanciamento: Proxecto cofinanciado nun 80% con fondos Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Economía e Competitividade, GAIN e a AMTEGA para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"

Obxectivos previstos: Dispoñer dunha solución tecnolóxica que permita dispoñer de xeito automatizado de servizos de valor engadido para os axentes do sector agro-gandeiro, mediante o uso de medios tecnolóxicos (en particular mediante o uso de medios aéreos non tripulados, e outros sistemas tecnolóxicos). En particular, dita solución debe proporcionar, entre outros servizos de valor engadido, dos servizos para a realización dos controis de campo asociados ás axudas da Política Agraria Común (PAC) de xeito automatizado mediante os medios antes indicados, aumentado a eficiencia e eficacia destes e reducindo a súa complexidade e custes de realización (polo tanto, o proceso inclúe tanto a obtención de datos, como a súa almacenaxe, o procesamento e análise para a obtención de información, a transformación desa información en servizos e en particular os necesarios para a realización e validación dos controis indicados).

Primare Consultas Preliminares ao Mercado

https://amtega.xunta.gal/cpti

Sitio web do proxecto ‘Primare – Inspeccións Intelixentes Avanzadas’

https://primare-civil-uavs.xunta.gal/

Contratos adxudicados:

  • Contratación mediante a modalidade de Compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do Servizo de desenvolvemento e fase demostración dun sistema de xestión de información xeoreferenciada para o control da actividade agraria en Galicia, no marco do proxecto Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas, financiado nun 80% polo Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) a través do convenio de colaboración co MICIU "CIVIL UAVs INITIATIVE" (Expte. 2017/PA/0062)

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=191687

  • Obxecto do contrato: Desenvolvemento dunha plataforma para a captura e xestión de información xeográfica, territorial e agroambiental xeorreferenciada, capaz de integrar os datos capturados mediante sensores transportados por UAVs, así como por calquera outro medio ou dispositivo tecnolóxico, para o control e xestión da actividade agraria en Galicia.
  • Importe de adxudicación: 1.216.983,47 € sen IVE

 

  • Contratación mediante a modalidade de Compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do Servizo de desenvolvemento e fase demostración dunha plataforma de procesado de información das parcelas agrarias galegas, no marco do proxecto Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas, financiado nun 80% polo Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) a través do convenio de colaboración co MICIU "CIVIL UAVs INITIATIVE" (Expte. 2017/PA/0061)

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=190454

  • Obxecto do contrato: Deseño dun sistema para a estruturación e procesado automático da información xeorreferenciada das explotacións/parcelas, capturada por sensórica transportada en UAVs ou outros medios tecnolóxicos, para o seu posterior uso e explotación polos axentes intervenientes no proceso de inspección das axudas da PAC en Galicia.
  • Importe de adxudicación: 861.166,63 € sen IVE

 

  • Contratación mediante a modalidade de Compra pública de tecnoloxía innovadora, polo procedemento de diálogo competitivo, do Servizo de desenvolvemento e fase demostración dos sistema experto de control automatizado e intelixente da actividade agraria asociada ás axudas da política agraria común (PAC), no marco do proxecto Primare-Inspeccións Intelixentes Avanzadas, financiado nun 80% polo Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) a través do convenio de colaboración co MICIU "CIVIL UAVs INITIATIVE" (Expte. 2017/PA/0063)

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=188985

  • Obxecto do contrato: Deseño e implementación dun sistema experto intelixente para a automatización dos traballos sobre o terreo e a toma de decisións asociados ás inspeccións vinculadas ás axudas da PAC en Galicia.
  • Importe de adxudicación: 638.068,46 € sen IVE

 


Proxecto PRIMARE - INSPECCIÓNS INTELIXENTES AVANZADAS dotado cun orzamento de 4M€ cofinanciado nun 80% con fondos FEDER do Programa Operativo plurirrexional de España 2014-2020 (POPE) procedentes do Convenio de Colaboración entre o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, GAIN e a Amtega para o proxecto "CIVIL UAVs Initiative"