![]() |
Compra Pública de Innovación - Primare Consultas preliminares ao mercado |
Como paso previo á definición dos modelos de contratación pública de innovación que se desenvolverán nunha seguinte fase, considérase, de interese promover un procedemento de Consultas preliminares do mercado a modo de convocatoria aberta de propostas de solucións innovadoras, como medio para identificar tecnoloxías e solucións de interese para os retos tecnolóxicos que se propoñen no sector primario. O obxecto desta convocatoria é promover a participación de calquera persoa, física ou xurídica, pública ou privada para a identificación de propostas innovadoras que contribuirán ao proceso de desenvolvemento e execución dos proxectos dese ámbito incluídos no ANEXO I da Resolución de 20 de setembro de 2016 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pola que se aproba a convocatoria de Consultas Preliminares do Mercado para proxectos de innovación tecnolóxica no sector primario. O presente proceso de consultas preliminares do mercado realízase con vistas a preparar as futuras contratacións que a Administración autonómica ten previsto desenvolver durante as seguintes fases e informar os operadores económicos acerca dos seus plans e os seus requisitos de contratación. A convocatoria é aberta e diríxese a todas as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que teñan vontade de participación e de colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento dos devanditos proxectos, tanto na súa definición e alcance como no desenvolvemento e innovación tecnolóxica no ámbito indicado. Poderá participar calquera persoa, física ou xurídica,interesada. A participación na convocatoria non leva por parte da Administración autonómica ningunha obrigación de financiamento ou aceptación das propostas presentadas. A Administración dará aos participantes un tratamento igualitario e non discriminatorio, e axustará a súa participación ao principio de transparencia. Se ten calquera dúbida ou consulta, pode contactar a través do seguinte enderezo electrónico cpti.amtega@xunta.gal Reto 1 - Inspeccións Intelixentes Avanzadas Formulario propostas de solucións innovadoras
Publicados os pregos dos 3 subproxectos do Reto - Inspeccións intelixentes Avanzadas do Programa Primare
|