Mediante o presente Convenio de colaboración asinado o 12 de abril de 2013 entre a Xunta de Galicia e a Asociación de enxeñeiros de telecomunicación de Galicia, o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) comprobará e verificará a calidade do servizo que están a ofrecer os operadores beneficiarios das axudas do Plan de Banda Larga da Xunta de Galicia.
Páxinas
O presente convenio de colaboración asinado entre a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, o Concello de Curtis, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Sociedade Anónima Redes de Telecomunicación Galegas ten por obxecto establecer os termos e condicións que rexerán a cooperación das partes na construción de novas infraestruturas públicas de telecomunicacións e adecuación das existentes no ámbito xeográfico do Concello de Curtis.
Mediante o presente Convenio de colaboración asinado o 2 de abril de 2013 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) ten como obxectivo axudar ás empresas a integrar as solucións TIC máis axeitadas ao seu modelo de negocio para mellorar a súa produtividade. Outra da liñas de colaboración é a elaboración dun estudo sobre a situación laboral das Enxeñarías Informáticas en Galicia.
Mediante o presente Convenio de colaboración asinado o 15 de marzo de 2013 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia ten como obxectivo a realización de accións formativas no eido da informática xudicial, as análises forenses e o uso seguro de internet e as redes sociais entre os menores.
Convenio de colaboración asinado o 1 de marzo de 2013 entre a Amtega a EGAP e a CSIF co que se pretende impulsar a capacitación e certificación dixital dos empregados públicos, buscando ofrecer ás persoas ao servizo das Administracións un catálogo de acción formativas máis amplo que cumpra cos requisitos definidos no Decreto 218/2011 polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Mediante o presente Convenio de colaboración asinado o 26 de febreiro de 2013 entre a Xunta de Galicia Asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL) ten como obxectivo a elaboración por parte de Agasol de unha análise exhaustiva para identificar o impacto económico sobre as necesidades tecnolóxicas, organizativas e formativas para migrar a software libre os ordenadores dos empregados públicos galegos
Convenio de colaboración asinado o 22 de febreiro de 2013 entre a Amtega a EGAP e a Federación de servizos a cidadanía de CC.OO. de Galicia co que se pretende impulsar a capacitación e certificación dixital dos empregados públicos, buscando ofrecer ás persoas ao servizo das Administracións un catálogo de acción formativas máis amplo que cumpra cos requisitos definidos no Decreto 218/2011 e a Orde do 27 de decembro de 2011.
Convenio de colaboración asinado o 30 de xaneiro de 2013 entre a Amtega a EGAP pretende impulsar a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Amtega.