Adenda ao Convenio asinada o 23 de setembro de 2013 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es para a dotación de solucións software e infraestrutura tecnolóxica que contribúan ao desenvolvemento e consolidación do expediente electrónico no ámbito da Administración de Xustiza de Galicia
Páxinas
Convenio asinado o 16 de xullo de 2013 entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Escola Galega de Administración Pública e a Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia que ten como obxectivo a colaboración no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia mediante o desenvolvemento de actuacións vinculadas ao Plan Senda 2014.
Este convenio asinado o pasado 18 de xuño de 2013 ten como obxecto o desenvolvemento de actuacións no ámbito da Administración Electrónica na Comunidade Autónoma de Galicia, a través da implantación de infraestruturas TIC, sistemas de información e servizos asociados. Adicionalmente, realizaranse actuacións de difusión e capacitación asociadas ás actuacións contempladas no mesmo.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o presidente da Asociación puntoGal, Manuel González, asinaron o día 8 de maio do 2013 un convenio de colaboración para promover a candidatura do dominio .gal. A Amtega achega este ano 9.000 euros á Asociación para financiar trámites e xestións relativos á candidatura.
Grazas a un convenio de colaboración asinado o 8 de maio de 2013 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións Informáticas de Xestión Universitaria de Galicia (CIXUG), integrado polas tres universidades galegas, e con cinco Asociacións de Usuarios de Software Libre de Galicia (AGUSL) impúlsase a promoción e fomento do uso de software libre entre a cidadanía.
Grazas ao presente convenio de colaboración, asinado o día 7 de maio de 2013 entre a Amtega e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a Amtega destina este ano 64.0000 euros ao servizo de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas que se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta, nas delegacións territoriais da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol e a través do portal corporativo.
Convenio asinado o 26 de abril de 2013 entre o Ministerio de Xustiza, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Rede.es para a execución por parte da Xunta de Galicia, a través da Amtega, dos proxectos para o desenvolvemento e implantación do expediente xudicial electrónico e o desenvolvemento de servizos dixitais na Administración de Xustiza en Galicia.
Mediante o presente Convenio de colaboración asinado o 19 de abril de 2013 preténdese a innovación educativa mediante a optimización de ferramentas baseadas na computación ‘cloud’ e o software libre para desenvolver unha solución de alta calidade que mellore as propostas dos Centros Rurais Agrupados