Convenio asinado o 31 de decembro de 2013 entre a Consellería de Economía e Industria; a Axencia Galega de Innovación; a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; o Consello Superior de Cámaras Oficiais de Comercio; Industria e Navegación de España e as Cámaras de Comercio de Galicia, que ten como obxectivo o establecemento un marco de colaboración común con fin de desenvolver e executar o programa InnoCámaras en Galicia.
Páxinas
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »
Convenio asinado o 27 de decembro de 2013 entre a Entidade Pública Empresarial Red.es e a Amtega para extender e consolidar o uso das TIC na prestación de servizos da rede galega de centros de iniciativa pública do ámbito de benestar social.
Addenda ao devandito Convenio subscrita o 13 de decembro de 2013 que ten como finalidade recoller que a execución e xustificación das inversións correspondentes ás anualidades 2011, 2012 e 2013 executaranse por Red.es durante as anualidades 2013 e 2014, sen que iso implique variación nas anualidades comprometidas pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Convenio asinado o 11 de decembro de 2013 entre a Xunta de Galicia e a entidade Telefónica de España, S.A.U. para sentar as bases da colaboración entre a Xunta de Galicia e Telefónica para o deseño, a xeración e o desenvolvemento dun programa de incentivación e apoio ao desenvolvemento de iniciativas emprendedoras en Galicia, detectando iniciativas de proxecto con alto potencial de crecemento, con impacto a longo prazo no ámbito territorial de Galicia e que, a súa vez, permita o descubrimento de talento e o fortalecemento do tecido empresarial galego.
Convenio asinado o 18 de novembro de 2013 entre a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a presidenta do Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e de Enxeñeiros de edificación da Coruña que ten por obxecto a realización de actuacións no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia tendentes a posibilitar o acceso telemático desde os concellos ao Estado e información xeral dos procesos tramitados a través do colexio.
A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Fegamp como representante de todas as corporacións locais de Galicia asinaron o 24 de outubro de 2013 á Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento da Administración electrónica nas Entidades Locais da Comunidade Autónoma de Galicia de 13 de xullo de 2010 coa finalidade de prorrogar a vixencia do convenio de colaboración existente para o desenvolvemento da Administración electrónica nas Entidades Locais de Galica ata o 31 de decembro de 2015.
Protocolo asinado o 20 de novembro de 2013 entre a Consellería de Traballo e Benestar, A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e as Asociacións empresariais Agasol, Agestic, Cluster TIC e EGANET que ten por obxecto a definición do marco de responsabilidade social empresarial dentro do proxecto RSE-TIC no sector TIC de Galicia.
Este protocolo de colaboración ten por obxecto establecer un compromiso de cooperación firme entre a Xunta de Galicia e o Sector TIC para converter ao sector da economía do coñecemento nun dos motores da economía de Galicia no período 2013-2020.
Páxinas
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »