O presente Convenio de Colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Entidade Pública Empresarial Red.es ten por obxecto desenvolvemento de actuacións para a posta en marcha dunha rede de emerxencias na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de mellorar os servizos dispoñibles para os cidadáns, especialmente nos ámbitos sanitarios, de seguridade e de protección do medio natural da Comunidade galega especialmente na loita contra os incendios forestais, da que será titular, para todos os efectos, a Xunta de Galicia. Adicionalmente o convenio prevé a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas ás actuacións contempladas no mesmo.
Páxinas
Esta adenda asinada pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Red.es ten por obxecto a dotación de infraestrutura tecnolóxica, que habilite o despregamento de aplicacións e/ou servizos para o desenvolvemento do expediente xudicial electrónico no ámbito da Administración de Xustiza de Galicia.
O obxecto do presente Convenio é estender e consolidar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos centros educativos de educación Primaria e Secundaria Obrigatoria de Galicia sostidos con fondos públicos mediante actuacións para a posta en marcha de aulas dixitais. Así mesmo o presente Convenio contempla a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas aos proxectos comprendidos no mesmo.
O presente Convenio de Colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Fundación Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade, asinado o pasado 6 de xullo de 2011, ten por obxecto a realización de actuacións para o fomento da Sociedade da Información en Galicia. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica porán en marcha unha serie de xornadas formativas destinadas aos técnicos municipais e responsables do goberno local con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos. O obxectivo das xornadas é capacitar a estes profesionais na tramitación das licencias municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, tanto no relativo ás urbanísticas como ás de nova apertura ou funcionamento.
O presente Convenio de Colaboración, asinado o 29 de xuño de 2011 entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Clúster TIC Galicia, ten por obxecto establecer os termos e condicións xerais que rexerán a colaboración das entidades asinantes para a realización de actuacións encamiñadas ao desenvolvemento e promoción da Sociedade da Información, en especial as dirixidas á promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia e de impulso do uso das TIC en sectores clave coa finalidade de posibilitar que, a partir destes, poidan fluír no conxunto da sociedade galega. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal
O presente Convenio de Colaboración, asinado o 15 de xuño de 2011 entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Universidade de Vigo, ten por obxecto o desenvolvemento dunha nova edición do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2011-2012.
O convenio, que se enmarca dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, ten por obxecto a realización de actuacións no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia tendentes a posibilitar a solicitude, tramitación e posterior outorgamento telemático das licenzas e autorizacións de obra e urbanismo, así como normalizar e simplificar os procesos de validación e supervisión técnica necesarios para estas.