Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

31/12/2009

O proxecto do Rexistro Civil en Liña ten coma obxectivo principal axilizar e mellorar a calidade do servizos prestados polos rexistros civís e os xulgados de paz, grazas ao emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, axuda ao cumprimento do establecido pola lexislación para o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Este programa dixitaliza todos os manuscritos de cada un dos órganos rexistrais facilitando aos cidadáns os trámites nos rexistros civís e supón un paso máis cara a un rexistro máis moderno, áxil, transparente e eficaz.

10/12/2009

Hoxe, día 10 de decembro de 2009, a Xunta de Galicia adhírese ao proceso para aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial coa firma da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, en Madrid a adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”. Este acordo ten o seu punto de partida no mes de setembro, cando foi asinado polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, o ministro de Justicia, Francisco Caamaño, e o Fiscal General del Estado, Cándido Conde-Pumpido.

13/11/2009

O presente convenio contribuirá ao desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia a través da potenciación das telecomunicacións entre a sociedade, o fomento do compañeirismo entre os enxeñeiros de telecomunicacións, a concienciación aos pais sobre os usos e riscos das TIC, os métodos máis doados de control do uso de internet...

02/11/2009

O presente convenio ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para a implantación dun sistema de voto electrónico nas eleccións universitarias nas Universidades do Sistema Universitario Galego.

30/09/2009

Este Convenio ten por obxeto avanzar no expediente xudicial electrónico e na modernización e axilidade dos procedementos xudiciais.

28/09/2009

O obxecto do presente Convenio é a realización de actuacións para o desenvolvemento da sociedade da información na Comunidade Autónoma de Galicia a través do uso efectivo das novas tecnoloxías no ámbito dos servizos para a cidadanía, tales como servizos sociais, servizos prestados en centros de acceso público a internet, servizos de emprego, etc..., é dicir, todos aqueles centros que prestan un servizo público á cidadanía.

28/09/2009

O protocolo de colaboración busca establecer un marco de colaboración permanente que permita a coordinación das iniciativas que se van levar a cabo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para a implantación dos servizos de Administración electrónica. Asinan o protocolo de colaboración, en Santiago de Compostela a 28 de setembro de 2009, a Xunta de Galicia, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias, a Deputación Provincial da Coruña, a Deputación Provincial de Lugo, a Deputación Provincial de Ourense e a Deputación Provincial de Pontevedra.

28/09/2009

O obxecto desta adenda, subscrita o 28 de setembro de 2009, ao Convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento dos distintos programas propostos, no ámbito do Plan Avanza é determinar as condicións de cooperación, colaboración e cofinanciación entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento das actividades no marco do Plan Avanza, que se concretan na execución das actividades e programas detallados no Anexo da mencionada adenda.

Páxinas