Este proxecto permitirá a creación dunha base de datos en liña cun número considerable de topónimos estranxeiros que abranga o nome dos países e as súas capitais, as principais cidades, provincias, rexións (...) e os principais accidentes xeográficos.
Neste convenio, ambas as dúas comunidades comprométense a fomentar e dirixir actuacións encamiñadas a informar e acercar os medios da Administración electrónica á cidadanía. Para isto cederanse mutuamente as plataformas de Administración electrónica.
O presente convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para o apoio á creación e consolidación de oficinas de software libre universitarias, así como a correspondente coordinación co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia: mancomun.org da Consellería de Innovación e Industria.
Este convenio de colaboración ten por obxecto determinar o marco de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e o Cesga para o apoio das súas respectivas actividades de promoción do software libre e colaborar na xestión das distintas iniciativas de promoción do software libre de Galicia promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.
Este convenio ten por obxecto establecer os termos e condicións xerais para o aproveitamento común dos servizos electrónicos que prestan as partes asinantes. Isto tradúcese na dispoñibilidade de determinados servizos, o que facilita o acceso e uso común destes por calquera das partes.