Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

12/06/2008

Neste convenio, ambas as dúas comunidades comprométense a fomentar e dirixir actuacións encamiñadas a informar e acercar os medios da Administración electrónica á cidadanía. Para isto cederanse mutuamente as plataformas de Administración electrónica.

14/05/2008

O presente convenio de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para o apoio á creación e consolidación de oficinas de software libre universitarias, así como a correspondente coordinación co Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia: mancomun.org da Consellería de Innovación e Industria.

08/05/2008

Este convenio de colaboración ten por obxecto determinar o marco de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e o Cesga para o apoio das súas respectivas actividades de promoción do software libre e colaborar na xestión das distintas iniciativas de promoción do software libre de Galicia promovidas pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

12/03/2008

Este convenio ten por obxecto establecer os termos e condicións xerais para o aproveitamento común dos servizos electrónicos que prestan as partes asinantes. Isto tradúcese na dispoñibilidade de determinados servizos, o que facilita o acceso e uso común destes por calquera das partes.

01/10/2007

O obxecto deste convenio é establecer as condicións de colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia para o desenvolvemento do diccionario enciclopédico galego das tecnoloxías da información e as comunicacións.

17/04/2007

O convenio ten como obxecto acordar a colaboración entre a Administración Xeral do Estado e a Xunta de Galicia para o desenvolvemento das actuacións precisas para establecer progresivamente unha rede de espazos comúns de atención ao cidadán que permita a prestación de servizos integrados de información, orientación, atención e tramitación sobre determinados aspectos da actividade administrativa.

29/01/2007

O obxecto de convenio é a execución na comunidade autónoma de Galicia das actuacións do programa Rexistro Civil en liña incluído no Plan Avanza, de acordo co establecido no convenio marco de colaboración.

Páxinas