Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

26/07/2012

Convenio de colaboración asinado o 26 de xullo de 2012 entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Amtega.

20/07/2012

A través do presente Convenio de colaboración entre a AMTEGA e Telefónica, asinado o pasado 20 de xullo de 2012, establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre as partes asinantes para o impulso da mellora da cobertura de telefonía móbil en zonas urbanas e principais vías de comunicación de Galicia

04/07/2012

O presente Convenio de colaboración entre a AMTEGA e a EGAP, asinado o pasado 4 de xullo de 2012, ten por obxecto a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da AMTEGA, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada un deles, para un mellor cumprimento do fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

19/06/2012

Protocolo de colaboración asinado o 19 de xuño de 2012 que ten por obxecto definir a colaboración entre a Amtega e as entidades colaboradoras no ámbito do programa voluntariado dixital para o fomento de actividades de difusión da sociedade dixital e do coñecemento, a través da posta en marcha dun proxecto de ensinanza e impulso de internet cuxo obxectivo é introducir á sociedade na utilización das tecnoloxías da información e comunicación e favorecer a súa integración social e laboral.

13/06/2012

A presente adenda ao Convenio de colaboración entre FUNDETEC e a AMTEGA, asinado o pasado 13 de xuño de 2012, ten por obxecto establecer o marco adecuado de colaboración para implantar e desenvolver o programa de emprendemento e capacitación dixital para mulleres do rural a través da Rede CeMIT, que leva por nome “Tomando as rendas”

13/06/2012

O presente Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade, BIC GALICIA e a AMTEGA, asinado o pasado 13 de xuño de 2012, ten por obxecto establecer o marco adecuado de colaboración entre as partes asinantes co obxectivo de implantar e desenvolver o programa de emprendemento e capacitación dixital para mulleres do rural que leva por nome “Tomando as rendas”

Páxinas