Mediante o presente Convenio de colaboración asinado o 15 de marzo de 2013 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia ten como obxectivo a realización de accións formativas no eido da informática xudicial, as análises forenses e o uso seguro de internet e as redes sociais entre os menores.
Páxinas
Convenio de colaboración asinado o 1 de marzo de 2013 entre a Amtega a EGAP e a CSIF co que se pretende impulsar a capacitación e certificación dixital dos empregados públicos, buscando ofrecer ás persoas ao servizo das Administracións un catálogo de acción formativas máis amplo que cumpra cos requisitos definidos no Decreto 218/2011 polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática.
Mediante o presente Convenio de colaboración asinado o 26 de febreiro de 2013 entre a Xunta de Galicia Asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL) ten como obxectivo a elaboración por parte de Agasol de unha análise exhaustiva para identificar o impacto económico sobre as necesidades tecnolóxicas, organizativas e formativas para migrar a software libre os ordenadores dos empregados públicos galegos
Convenio de colaboración asinado o 22 de febreiro de 2013 entre a Amtega a EGAP e a Federación de servizos a cidadanía de CC.OO. de Galicia co que se pretende impulsar a capacitación e certificación dixital dos empregados públicos, buscando ofrecer ás persoas ao servizo das Administracións un catálogo de acción formativas máis amplo que cumpra cos requisitos definidos no Decreto 218/2011 e a Orde do 27 de decembro de 2011.
Convenio de colaboración asinado o 30 de xaneiro de 2013 entre a Amtega a EGAP pretende impulsar a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente da Amtega.
O presente Convenio de colaboración asinado o 21 de xaneiro de 2013 ten por obxecto establecer os termos e condicións que rexerán a cooperación das partes na construción de novas infraestruturas públicas de telecomunicacións e adecuación das existentes no ámbito xeográfico do Concello de Cospeito.
Acordo asinado o 31 de decembro de 2012 entre a Amtega e 51 concellos da Rede CeMIT.
Adenda ao Convenio trilateral de colaboración entre o Ministerio de Xustiza, a Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Rede.es para o desenvolvemento de servizos públicos dixitais no ámbito da Administración de Xustiza, programa “Ius+rede”