Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

30/06/2010

Subscrita Adenda de 30 de xuño de 2010 ao Convenio Marco de Colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do Programa PEME Dixital no ámbito do Plan Avanza.

04/06/2010

O obxecto do presente Convenio é estender e consolidar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos centros educativos de educación Primaria e Secundaria Obrigatoria de Galicia sostidos con fondos públicos mediante actuacións para a posta en marcha de aulas dixitais. Así mesmo o presente Convenio contempla a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas aos proxectos comprendidos no mesmo.

12/05/2010

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) que permitirá coordinar as actuacións orientadas á mellora das infraestructuras de banda larga no rural galego.

30/04/2010

A Secretaría Xeral de Modernización e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) colaborarán para que a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) estea presente na maioría dos concellos galegos cun modelo de xestión máis sostible e con capacidade para estenderse a máis concellos.

23/04/2010

O presente convenio de colaboración entre a a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para o apoio á consolidación das oficinas de software libre universitarias, así como a correspondente coordinación ca Oficina Técnica encargadado desenvolvemento do FLOSS en Galicia.

31/12/2009

O proxecto do Rexistro Civil en Liña ten coma obxectivo principal axilizar e mellorar a calidade do servizos prestados polos rexistros civís e os xulgados de paz, grazas ao emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, axuda ao cumprimento do establecido pola lexislación para o acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Este programa dixitaliza todos os manuscritos de cada un dos órganos rexistrais facilitando aos cidadáns os trámites nos rexistros civís e supón un paso máis cara a un rexistro máis moderno, áxil, transparente e eficaz.

10/12/2009

Hoxe, día 10 de decembro de 2009, a Xunta de Galicia adhírese ao proceso para aumentar a efectividade na aplicación das novas tecnoloxías ao ámbito xudicial coa firma da secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, en Madrid a adhesión de Galicia ao Convenio do “Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS)”. Este acordo ten o seu punto de partida no mes de setembro, cando foi asinado polo presidente do CGPJ e do Tribunal Supremo, Carlos Dívar, o ministro de Justicia, Francisco Caamaño, e o Fiscal General del Estado, Cándido Conde-Pumpido.

13/11/2009

O presente convenio contribuirá ao desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia a través da potenciación das telecomunicacións entre a sociedade, o fomento do compañeirismo entre os enxeñeiros de telecomunicacións, a concienciación aos pais sobre os usos e riscos das TIC, os métodos máis doados de control do uso de internet...

Páxinas