Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

04/02/2011

O presente convenio permitirá a implementación dun sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas en cinco puntos presenciais da Administración autonómica e a través de internet.

23/12/2010

Subscrita Adenda de prórroga de 23 de decembro de 2010, ao Convenio Marco de Colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación provincial da Coruña para a mellora das tecnoloxías da información e comunicación coa finalidade de axilizar os mecanismos de funcionamento do convenio do 11 de xuño de 2001 asinado por menciónalas partes.

10/12/2010

Subscrita Acordo de 10 de decembro de 2010 ao Convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e A Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento do Plan Avanza

23/11/2010

O obxecto do presente Convenio é o desenvolvemento de Servizos Públicos Dixitais no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia, a través da implantación de novos sistemas de información, infraestruturas TIC e servizos asociados. Adicionalmente é obxecto do presente Convenio a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas ás actuacións contempladas no mesmo.

08/10/2010

O presente Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal ten como obxectivo impulsar o dominio .gal

09/08/2010

O programa prevé o desenvolvemento e execución de actuacións encamiñadas a impulsar a adopción xeneralizada de solucións TIC por parte das pemes, mediante a identificación de solucións tecnolóxicas en sectores de actividade económica, o posterior desenvolvemento de proxectos demostradores nos que se valide o modelo de negocio das aplicacións identificadas, e a posta a disposición das pemes de mecanismos de apoio para favorecer a incorporación das devanditas aplicacións.

14/07/2010

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica achegará 30.000 euros á Universidade de Vigo para o desenvolvemento do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2010-2011. Así se recolle neste convenio de colaboración asinado hoxe, día 14 de setembro de 2010, pola secretaria xeral, Mar Pereira, e o reitor da Universidade olívica, Salustiano Mato.

13/07/2010

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Carlos Fernández, asinaron o pasado 13 de xullo de 2010 o presente convenio para o desenvolvemento da eAdministración nas entidades locais galegas coa finalidade de garantir aos cidadáns o acceso electrónico aos servizos públicos.

Páxinas