Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

15/06/2011

O presente Convenio de Colaboración, asinado o 15 de xuño de 2011 entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Universidade de Vigo, ten por obxecto o desenvolvemento dunha nova edición do Máster en Consultoría de Software Libre, organizado pola Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo e correspondente ao curso 2011-2012.

24/05/2011

O convenio, que se enmarca dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, ten por obxecto a realización de actuacións no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia tendentes a posibilitar a solicitude, tramitación e posterior outorgamento telemático das licenzas e autorizacións de obra e urbanismo, así como normalizar e simplificar os procesos de validación e supervisión técnica necesarios para estas.

12/04/2011

O presente Convenio ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación PuntoGal co obxectivo de impulsar o dominio .gal

12/04/2011

O presente Convenio ten por obxecto establecer o marco de colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e as Asociacións Galegas de Usuarios de Software Libre para a realización de actuacións para o fomento, desenvolvemento e implantación do FLOSS en Galicia dentro da estratexia definida pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

27/03/2011

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaboran na realización de accións formativas no eido das peritaxes xudiciais, técnicas probatorias, ademais de outras actividades dirixidas á difusión da sociedade da información entre os profesionais do sector TIC e a sociedade galega. Estas liñas de colaboración recóllense no presente convenio asinado entre os representantes de ambas entidades, Mar Pereira e Marcos Mata.

17/03/2011

O presente Convenio de Colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia ten por obxecto a realización de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.

16/03/2011

O presente convenio pretende a posta en marcha dunha serie de actuacións en colaboración con AGASOL para o fomento da sociedade da información e o fortalecemento do sector das TIC galego, de cara a facilitar a sustentabilidade tecnolóxica e o incremento da produtividade aproveitando as vantaxes do FLOSS e garantindo a interoperabilidade mediante o uso de estándares abertos.

02/03/2011

O presente convenio de colaboración entre a a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo ten por obxecto o establecemento dun marco de actuación para o apoio ás actividades en materia de software libre e código de fontes abertas das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo e a consolidación de proxectos que se están a desenvolver desde as Oficinas de Software Libre (OSL) universitarias.

Páxinas