Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

25/01/2012

Convenio asinado o 25 de xaneiro de 2012 entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica que ten como obxectivo facilitar a necesaria colaboración e coordinación entre as partes asinantes para a realización de actuacións encamiñadas á implantación e desenvolvemento do programa Rede Galega de Voluntariado Dixital

02/01/2012

O presente convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, asinado o pasado 2 de xaneiro de 2012, ten por obxecto promover a supresión das barreiras de comunicación existentes e a mellora da accesibilidade do colectivo de persoas xordas en todos os ámbitos mediante a utilización dos servizos de videointerpretación en lingua de signos española, accesible desde distintos puntos das súas oficinas

16/11/2011

O presente Convenio de Colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería do Medio Rural e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Entidade Pública Empresarial Red.es ten por obxecto desenvolvemento de actuacións para a posta en marcha dunha rede de emerxencias na Comunidade Autónoma de Galicia co fin de mellorar os servizos dispoñibles para os cidadáns, especialmente nos ámbitos sanitarios, de seguridade e de protección do medio natural da Comunidade galega especialmente na loita contra os incendios forestais, da que será titular, para todos os efectos, a Xunta de Galicia. Adicionalmente o convenio prevé a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas ás actuacións contempladas no mesmo.

12/08/2011

Esta adenda asinada pola Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e a Entidade Pública Empresarial Red.es ten por obxecto a dotación de infraestrutura tecnolóxica, que habilite o despregamento de aplicacións e/ou servizos para o desenvolvemento do expediente xudicial electrónico no ámbito da Administración de Xustiza de Galicia.

05/08/2011

O obxecto do presente Convenio é estender e consolidar o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos centros educativos de educación Primaria e Secundaria Obrigatoria de Galicia sostidos con fondos públicos mediante actuacións para a posta en marcha de aulas dixitais. Así mesmo o presente Convenio contempla a realización de actuacións de difusión e capacitación asociadas aos proxectos comprendidos no mesmo.

06/07/2011

O presente Convenio de Colaboración entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Fundación Desenvolvemento Infotecnolóxico de Empresas e Sociedade, asinado o pasado 6 de xullo de 2011, ten por obxecto a realización de actuacións para o fomento da Sociedade da Información en Galicia. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal.

29/06/2011

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica porán en marcha unha serie de xornadas formativas destinadas aos técnicos municipais e responsables do goberno local con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos. O obxectivo das xornadas é capacitar a estes profesionais na tramitación das licencias municipais para a instalación de estacións base de radiocomunicación, tanto no relativo ás urbanísticas como ás de nova apertura ou funcionamento.

29/06/2011

O presente Convenio de Colaboración, asinado o 29 de xuño de 2011 entre a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Clúster TIC Galicia, ten por obxecto establecer os termos e condicións xerais que rexerán a colaboración das entidades asinantes para a realización de actuacións encamiñadas ao desenvolvemento e promoción da Sociedade da Información, en especial as dirixidas á promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia e de impulso do uso das TIC en sectores clave coa finalidade de posibilitar que, a partir destes, poidan fluír no conxunto da sociedade galega. Este convenio enmárcase dentro das accións definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal

Páxinas