Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

13/06/2012

A presente adenda ao Convenio de colaboración entre FUNDETEC e a AMTEGA, asinado o pasado 13 de xuño de 2012, ten por obxecto establecer o marco adecuado de colaboración para implantar e desenvolver o programa de emprendemento e capacitación dixital para mulleres do rural a través da Rede CeMIT, que leva por nome “Tomando as rendas”

13/06/2012

O presente Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Secretaría Xeral da Igualdade, BIC GALICIA e a AMTEGA, asinado o pasado 13 de xuño de 2012, ten por obxecto establecer o marco adecuado de colaboración entre as partes asinantes co obxectivo de implantar e desenvolver o programa de emprendemento e capacitación dixital para mulleres do rural que leva por nome “Tomando as rendas”

12/06/2012

O presente Convenio de colaboración entre FUNDETEC e a AMTEGA, asinado o pasado 12 de xuño de 2012, ten por obxecto establecer os termos e condicións que rexen a relación establecida entre FUNDETEC e a AMTEGA para o impulso de iniciativas que terán como finalidade potenciar o desenvolvemento da sociedade da información, así como ofrecer solucións de emprego e emprendemento, formación en capacitación dixital e novos servizos TIC á cidadanía en Galicia

21/05/2012

O presente Convenio de colaboración asinado entre a Asociación de enxeñeiros de telecomunicación de Galicia e a AMTEGA o pasado 21 de maio de 2012, ten por obxecto o financiamento da realización de actuacións para o fomento da sociedade da información en Galicia

14/05/2012

O presente convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Consumo e a AMTEGA, asinado o pasado 14 de maio de 2012, ten por obxecto establecer o marco adecuado de colaboración entre o IGC e a AMTEGA para a implantación e desenvolvemento do programa de formación continua dos profesionais de consumo, a formación do profesorado do ámbito educativo e a divulgación da información aos colectivos de persoas consumidoras de Galicia, a través do sistema de comunicación e formación a distancia que oferta a Rede CeMIT da Xunta de Galicia

17/04/2012

A través deste convenio, que se enmarca dentro das acción definidas na Axenda Dixital de Galicia 2014.gal, establécense as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a AMTEGA e Agader no marco do Plan de Banda Larga de Galicia para o desenvolvemento da universalización da banda larga de calidade e a concesión de axudas ás microempresas asentadas no rural para a implantación de TICs

30/03/2012

Convenio de colaboración tecnolóxica asinado o 30 de marzo de 2012 entre o Consello Superior do Poder Xudicial e a Comunidade Autónoma de Galicia

09/03/2012

O presente Convenio de colaboración asinado entre a Asociación Puntogal e a directora xeral da AMTEGA en representación da Xunta de Galicia o pasado 9 de marzo de 2012, ten por obxecto o establecemento das condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Xunta de Galicia e a Asociación Puntogal co obxectivo de impulsar o dominio .gal

Páxinas