Transparencia e goberno aberto

Formulario de busca

Fondos

AMTEGAAMTEGA

Formulario de busca

cierra cierra

Páxinas

16/10/2014

Convenio asinado o 16 de outubro de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Tui co obxectivo de dixitalizar fondos do patrimonio histórico de arquivos xestionados pola Consellería e polo Concello de Tui.

02/10/2014

Addenda asinada o 2 de outubro de 2014 entre a Xunta de Galicia e Red.es co obxectivo de prorrogar a vixencia e modificar a cuarta cláusula do Convenio asinado para a posta en marcha dunha rede de emerxencias.

29/08/2014

Addenda asinada o 29 de agosto de 2014 que ten por obxecto prorrogar a vixencia do convenio ata o 31 de agosto de 2015.

11/06/2014

Convenio asinado o 11 de xuño de 2014 entre Red.es, a Axencia de Turismo de Galicia e a Amtega, co obxectivo de dotar de rede wifi gratuíta a albergues de peregrinos de titularidade pública situados nas rutas xacobeas galegas para contribuír á cualificación do Camiño de Santiago como "Destino Turístico Intelixente".

30/05/2014

Convenio asinado o 30 de maio de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Escola Galega de Administración Pública e a Federación de Servizos á cidadanía de CC.OO Galicia, que ten por obxectivo impulsar a capacitación e certificación dixital dos empregados públicos a través dun catálogo de accións formativas máis amplo.

12/05/2014

Addenda asinada o 12 de maio de 2014 entre a Xunta de Galicia e Telefónica co obxectivo de determinar o marco de colaboración entre as partes para o establecemento dun programa de incentivos á excelencia emprendedora en materia TIC que sirva de estímulo para o fomento de iniciativas de proxectos con alto potencial de crecemento e impacto a longo prazo no ámbito territorial de Galicia e que, á súa vez, permita o descubrimento de talento e o fortalecemento do tecido empresarial galego.

02/05/2014

Convenio asinado o 2 de maio de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Escola Galega de Administración Pública e a Central Sindical e Independente e de Funcionarios de Galicia co obxectivo de levar a cabo accións formativas cos contidos do Plan Ofimático de Galicia.

30/04/2014

Convenio asinado o 30 de abril de 2014 entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de empresas galegas de software libre (AGASOL) ten por obxectivo o financiamento da realización de actuacións de formación, capacitación e promoción do software libre e de fontes abertas e o uso de estándares abertos en Galicia, para o fomento da sociedade da información en Galicia.

Páxinas