CIBER.gal

Formulario de busca

Fondos

Comunicación & NetworkingComunicación & Networking

Formulario de busca

cierra cierra

Comunicación & Networking

 

CIBER.gal para contribuír ao desenvolvemento do sector participa activamente en foros e reunións nacionais e internacionais en materia de  ciberseguridade para dar a coñecer as capacidades da industria neste eido de Galicia. Doutra banda traballa no establecemento de convenios de colaboración con outras axencias e entidades a nivel estatal e internacional en materia de ciberseguridade que permitan o desenvolvemento de sinerxias e o posicionamento de Galicia como unha referencia no ámbito da  ciberseguridade.

  XIV XORNADAS STIC CCN-CERT: NOVOS RETOS, MESMO COMPROMISO

O Centro Criptolóxico Nacional, adscrito ao Centro Nacional de Intelixencia de España, organiza desde o ano 2007 as Xornadas  STIC  CCN- CERT, que se converteron no principal encontro de  ciberseguridade celebrado en España. Este ano, do 30 de novembro ao 4 de decembro celébrase a décimo cuarta edición baixo o lema “Novos retos, mesmo compromiso”.

Nestas xornadas participa toda a comunidade que intervén na salvagarda do ciberespazo español e CIBER.gal está presente o día 2 de decembro para dar a coñecer a iniciativa, pioneira ao promover un modelo de cooperación que agrega ademais de axentes do sector da  ciberseguridade, a axentes públicos tanto nacionais como autonómicos e locais para impulsar a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de  ciberseguridade, dar resposta coordinada a retos complexos, promover  a xeración, atracción e retención de talento especializado, e contribuír ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.

Cybersec@GAL 2020: Riscos do teletraballo

Do 2 ao 5 de novembro celebrouse a segunda edición de Cybersec@GAL onde se abordaron cuestións ao redor da normativa, retos e ameazas, así como posibles solucións no campo da seguridade no desenvolvemento do teletraballo.

Durante as xornadas desenvolvéronse talleres  online destinados a estudantes galegos tanto do ámbito universitario como da formación, continuando con charlas técnicas orientadas a perfís específicos. Na última xornada desenvolvéronse relatorios e mesas de debate orientadas ao ecosistema empresarial baixo a temática dos “riscos no teletraballo” onde  CIBER.gal participou para dar a coñecer especialmente as accións de carácter formativo desenvolvidas recentemente para atender á situación derivada da crise COVID-19 orientadas a mellorar as capacidades no ámbito da ciberseguridade no teletraballo tanto dos profesionais como das empresas.

 Encontro La Voz de la Industria Gallega

O pasado 24 de setembro, o Centro de  Ciberseguridade Industrial (CCI) celebrou un encontro dirixido á industria galega no que se presentou un estudo sobre o estado da  ciberseguridade na industria de Galicia.

CIBER.gal participou neste encontro poñendo de manifesto o papel relevante que ten a Administración pública para a promoción e desenvolvemento da ciberseguridade industrial en Galicia, seguindo as directrices da Unión Europea e  para dar a coñecer as iniciativas que desde o  nodo están a desenvolverse para mellorar as capacidades da industria galega  neste ámbito.