Faite dixital

Formulario de busca

Fondos

As TIC para tiAs TIC para ti

Formulario de busca

cierra cierra

COMPETENCIAS DIXITAIS

A lei 4/2019 do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, sinala a necesidade de que a cidadanía participe nos beneficios dunha sociedade e unha administración dixitais. Con este fin, a Xunta de Galicia impulsa o marco galego de competencias dixitais, regulado polo Decreto 123/2021, do 2 de setembro.

Qué é o Marco Galego de Competencias Dixitais?

O Marco galego de competencias dixitais nace co obxectivo de atender á necesidade de acadar unha cidadanía dixitalmente responsable nun contexto no que a vida cotiá, o emprego e a relación coa administración promoven o uso continuado das tecnoloxías.

Nel se propoñen os coñecementos, habilidades e actitudes que se consideran idóneos para acadar a competencia dixital. E crea a “certificación galega en competencias dixitais”, así como establece os requisitos e procedementos para a súa obtención.

Toda a información sobre a certificación galega en competencias dixitais, que deriva deste marco, pode seguirse na ligazón á páxina web de Competencias Dixitais.

Convalidación do antiguo CODIX