![]() |
Comité académico de expertosEstratexia Dixital de Galicia 2030 |
O pasado 2 de decembro constituíuse o Comité académico de expertos en diferentes disciplinas que contribuirán a configurar as directrices da folla de ruta dixital para a vindeira década. Intégrano 22 académicos do ámbito tecnolóxico, industrial, económico, xurídico, sociolóxico, educativo e sanitario das tres universidades galegas. As cuestións clave sobre as que este grupo de expertos fará as súas achegas e reflexións xiran en torno aos novos modelos económicos e laborais; as competencias dixitais da sociedade; os novos perfís profesionais; a adaptación dos servizos públicos as demandas sociais; a posición de Galicia nas tecnoloxías do futuro; así como o marco ético e xurídico necesario nun contexto de rápido e continuo avance dixital.
Proporcionar asesoramento e experiencia para obter unha mirada aos mundos e tendencias que xorden froito dos cambios económicos, sociais e científico-tecnolóxicos e contribuír a identificar as claves que nos permitan acomodar a acción no ámbito rexional, aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas tendencias globais. O traballo deste Comité será fundamental na identificación das principais pancas a incorporar na Estratexia, e na vixilancia das últimas tendencias para contribuír a identificar nunha fase temperá os cambios que se aproximan en todas as esferas da sociedade.
Como resultado da reflexión inicial realizada, pode consultar o documento ‘Unha mirada ao futuro Dixital’ na seguinte ligazón, no que se identifican as principais pancas a considerar de cara á elaboración da EDG2030 en liña coas directrices europeas. |