
Consulta pública sobre medidas de apoio de cobertura de telefonía móbil en contornas rurais de Galicia
INTRODUCIÓN
A pesar dos grandes esforzos realizados no pasado, que permitiron ter unha cobertura móbil do 98% da poboación de Galicia, aínda existen territorios nos que non é posible acceder a servizos de telefonía móbil (zonas rurais illadas e espazos naturais), un servizo esencial necesario para o acceso aos servizos de emerxencia, como o teléfono 112 ou o sistema de chamada de emerxencia de automóbiles eCall, e reduce o illamento no que ven inmersas as zonas máis rurais.
Proponse levar a cabo unha convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva dirixida a operadores de telefonía móbil para a cobertura das zonas obxectivo resultantes deste proceso de consulta, que se vería complementada coa construción de infraestruturas de soporte públicas (torres e casetas) naqueles casos nos que resultase necesario para a prestación destes servizos.
OBXECTIVO DA CONSULTA
- Información dos operadores de telefonía móbil relativa á existencia, ou non, de plans de despregamento cribles a realizar nos próximos 3 anos que puidesen mellorar a cobertura de telefonía móbil, permitindo prestar servizos de voz, nalgunha das zonas que se inclúen no ANEXO I da presente consulta pública. A este respecto os operadores deberán achegar información detallada dos plans de despregamento e as zonas afectadas polos mesmos.
- Solicitar as observacións que se estimen oportunas respecto da proposta de medida que se describe no ANEXO II da presente consulta pública.
Ponse a disposición a listaxe de zonas con problemas de cobertura de telefónia móbil en formato ODS, aquí