Rede CeMITFORMACIÓN PRESENCIAL Calquera que sexa o teu nivel de coñecementos, poñemos á túa disposición un amplo catálogo de cursos gratuítos impartidos nas aulas da Rede CeMIT así como outras actividades formativas desenvolvidas polos Aliados Dixitais. En que nivel te atopas? Que che gustaría aprender? A nosa formación divídese en tres niveis segundo as túas necesidades: ALFABETIZACIÓN DIXITAL Acompañámoste na túa iniciación no mundo dixital adquirindo coñecementos básicos no manexo seguro do ordenador e na navegación por Internet. CAPACITACIÓN DIXITAL Guiámoste para que continúes avanzado no teu nivel de madurez dixital e obteñas un nivel medioavanzado a través de itinerarios cunha gran diversidade de temáticas: empregabilidade, seguridade na rede, administración electrónica, redes sociais, ocio... INNOVACIÓN SOCIAL DIXITAL Axudámosche a fomentar a túa creatividade, a buscar novas formas de relacionarte e participar, e a xerar ideas innovadoras para a resolución de necesidades sociais a través das TIC. Consulta os cursos dispoñibles na túa aula CeMIT máis próxima e matricúlate! TELEFORMACIÓN Xa podes formarte onde queiras, cando queiras e ao teu ritmo accedendo á plataforma virtual de teleformación EMA onde atoparás cursos adaptados a distintos niveis e necesidades. Coa plataforma de formación virtual EMA, tan só precisas de conexión a Internet para poder realizar de forma sinxela e directa os cursos que mellor se adapten ás túas necesidades e complementar a formación impartida nas Aulas CeMIT. Se aínda non o fixeches... Rexístrate como usuario/a da Rede CeMIT e entra en EMA! |