Dende o 24 de marzo de 2022 ata o 9 de maio de 2022 permanecerá aberto o prazo para que empresas e autónomos situados en zonas illadas do rural galego soliciten as axudas para a dotación de banda larga ultrarrápida.
Os principais requisitos e obrigas que deberán cumprir os solicitantes serán:
Non dispoñer actualmente da posibilidade de acceso a redes ultrarrápidas de cando menos 30 megas
Manter a alta no servizo contratado inicialmente durante cando menos 1 ano
É a terceira convocatoria desta liña de axudas, que se publicou no DOG o día 23 de marzo de 2022 e conta esta vez cun orzamento de case 880.000 euros.
Subvencionarase ata o 100% dos custos das tarefas necesarias para dotar de banda larga ultrarrápida á empresa, ata un máximo de 20.000€ por proxecto.
Para cada solicitude, valorarase a mellora que supón o servizo de banda larga ultrarrápida incluído na proposta, o esforzo inversor previsto e valoraranse tamén as solicitudes recibidas das pequenas empresas.
As convocatorias realizada en 2017 e 2019 contaron cun total de 1.100.000€ e aprobáronse subvencións a máis de 80 empresas que contrataron servizos con velocidades de acceso a internet de ata os 600Mbps.
A mellora da velocidade de acceso a internet, con respecto aos servizos actuais das empresas beneficiarias, supuxo os 80Mbps no 80% dos casos, chegando incluso a superar os 300Mbps e os 500Mbps en algunha das empresas beneficiarias.