Aplicacións

Formulario de busca

Fondos

Turismo de GaliciaTurismo de Galicia

Formulario de busca

cierra cierra

Turismo de Galicia

Casas de turismo rural, hoteis, pensións, apartamentos, campings, restaurantes, patrimonio cultural, arqueoloxía, museos, festas, artesanía, información turística etc. Todos os recursos turísticos de Galicia están dispoñibles no móbil grazas a esta aplicación.

A aplicación, dispoñible en galego, castelán e inglés, permite explorar os recursos turísticos sobre o mapa. Deste xeito, o usuario pode coñecer os que existen no lugar que vai visitar, os recomendados por Turismo de Galicia ou os que se atopan próximos á súa localización actual.

Sobre o mapa móstranse os puntos de interese e premendo sobre cada un deles accédese á súa ficha, cunha descrición detallada e as posibilidades de chamar por teléfono, enviar un correo electrónico, acceder á súa web ou ver como chegar. Os lugares de interese pódense consultar tamén en modo listado, e pódense filtrar segundo a tipoloxía.

Ao consultar os recursos próximos, mediante a utilización do GPS e o compás dixital, a aplicación amosa os puntos turísticos próximos ao usuario segundo a orientación do dispositivo móbil, o que facilita a súa localización.