SendegalCon esta aplicación, Turgalicia promove e potencia a actividade do sendeirismo como unha maneira de aproximarse aos espazos naturais e ao patrimonio etnográfico e monumental de Galicia, como un complemento al desenvolvido do turismo sostible. Dispoñible de forma gratuíta para as plataformas móbiles Android e iOs, Sendegal permite coñecer os sendeiros oficialmente homologados de Galicia para gozar de moitas xornadas de sendeirismo. Para cada unha destas sendas, a aplicación dispón dos planos de cada ruta, que poden descargarse e/ou gravarse previamente na memoria do teléfono, co que durante a ruta se pode empregar o dispositivo no modo en liña ou non. En ambos caos, o GPS indica a posición para poder seguir o camiño sen dificultade. Sendegal incorpora tamén un modo de buscas por listado ou mapa, que proporciona información sobre:
Ademais, están dispoñibles os perfís propios da aplicación nas principais redes sociais especializadas en sendeirismo (Every Trail, Wikiloc e ikiMap), nas que se pode consultar, ou descargar directamente ao dispositivo móbil, as rutas homologadas en Galicia.
|