Non piques – Non peques"Non piques, non peques" é unha aplicación móbil que, ao igual que a campaña do mesmo nome, xorde co obxecto de fomentar o respecto aos talles mínimos establecidos pola Lei e ás especies ovadas ou que aínda non chegaron á súa madurez e para que se cumpran os períodos de veda nos que non se poden consumir. Dispoñible tanto en galego como en castelán, permite seleccionar varias especies entre as seguintes categorías: bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos, gasterópodos e peixes; e coñecer, para cada unha desas especies:
A aplicación incorpora tamén información gráfica sobre cal é a forma máis axeitada para tomar as medidas de determinadas especies de peixes, bivalvos, crustáceos...
|