Aplicacións

Formulario de busca

Fondos

EnoturismoEnoturismo

Formulario de busca

cierra cierra

Enoturismo

Enoturismo é unha aplicación que promove o turismo co que se potencia a riqueza vitivinícola de Galicia. Desenvolvida por Turgalicia, está dispoñible nas plataformas móbiles Android, iOs e Blackberry.

É útil para coñecer todos os establecementos adheridos ás rutas dos viños de Galicia: adegas, destilerías, restaurantes, aloxamentos, empresas de ocio, museos, oficinas de información turística, axencias de viaxes especializadas, enotecas… así como as distintas Denominacións de Orixe Protexidas de Galicia (Monterrei, Valdeorras, Ribeira Sacra, Ribeiro e Rías Baixas), incluíndo as características dos seus territorios e dos seus viños.

Tamén pode consultarse a información dos distintos provedores de servizos enoturísticos, que teñen dispoñible unha ficha cos seus datos de contacto, características, fotografías e localización sobre mapas interactivos.

Grazas á incorporación da tecnoloxía GPS, Enoturismo permite situar a posición do/a usuario/a no mapa para indicarlle como dirixirse facilmente cara o lugar que se quere atopar, indicando tamén os datos de contacto do recurso buscado.

A información está dispoñible en galego, castelán e inglés e actualízase en tempo real cada vez que se incorpora información nova na web de turismo de Galicia.