CDTIC AppCDTIC App foi desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Dispoñible tanto en galego como en castelán, actualízase de xeito constante reutilizando a información procedente da web do Centro Demostrador TIC de Galicia e do MapaTIC.gal. A aplicación permite consultar as actividades do CDTIC, de xeito que o usuario pode inscribirse , incorporalas no seu calendario e recibir notificacións relacionadas. Outra das funcioncionalidades da App e que permite unha maior interacción durante a celebración dos seminarios, posibilitanto o seu seguimento mediante streaming, facilitando o intercambio e recompilación de datos e opinións en tempo real entre asistentes e formadores ou poñentes. A través da app tamén é posible acceder ás solucións tecnolóxicas e provedores presentes en MapaTIC.gal e consultar a ficha de cada un deles. Por último, dispón de información básica sobre o centro e as súas funcións.
|