Aplicacións

Formulario de busca

Fondos

Bono IacobusBono Iacobus

Formulario de busca

cierra cierra

Bono Iacobus

Bono Iacobus é un servizo turístico deseñado especificamente para o Camiño de Santiago que permite percorrer por etapas as distintas vías históricas que conducen a Santiago de Compostela, aloxándose cada día nunha casa de turismo rural diferente e gozando do mellor da gastronomía tradicional galega.

Ao descargar esta aplicación dispoñible para o sistema operativo Android, a persoa usuaria pode acceder directamente a información detallada das diferentes rutas alternativas (prezos, duración, distancias etc), incluíndo textos descritivos de cada unha das etapas apoiados en información gráfica de perfís da ruta e de localización en mapa.

Tamén terá acceso aos datos e fotografías dos establecementos correspondentes a cada traxecto e dispoñerá da opción de comunicar directamente co Centro de Información para que atendan todas as súas dúbidas e o asesoren na forma de realizar a reserva final.