abalarMóbilA través desta aplicación as familias poden seguir a actividade educativa dos seus fillos/as de forma cómoda e rápida, o que permite aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias. Cada estudante conta cun perfil propio, o que lle vai a permitir ás familias dispoñer das seguintes funcionalidades:
A aplicación funciona xa en 236 centros das 4 provincias galegas, de xeito que está dispoñible para 82.000 familias. Nos próximos meses o funcionamento de abalarMóbil ampliarase paulatinamente ao resto dos centros educativos. A previsión, unha vez se acade o pleno funcionamento, é que se atope dispoñible para preto de 500.000 pais e nais.
|