Aceleración da Economía DixitalEn terceiro lugar a Axenda Dixital de Galicia 2020 promove o liderado de empresas que a través da incorporación das TIC, tanto nos procesos internos como de negocio, garantan a creación e absorción de talento e innovación para xerar novas oportunidades e promover así, a atracción e o crecemento económico na Comunidade.
No relativo ao transporte, promoverase a conformación dunha rede de transporte intelixente capaz de ofrecer servizos integrais e personalizados, que se anticipen á demanda da sociedade galega, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías e os novos dispositivos móbiles. Finalmente, esta liña estratéxica fará énfase en avanzar cara a empresa 4.0 mediante a introdución de solucións dixitais innovadoras nos procesos produtivos que contribúan a ofrecer produtos e servizos de maior valor engadido. Esta aposta materializarse a través da Axenda da Competitivade de Galicia, que contempla medidas específicas para impulsar a Industria 4.0 con fábricas intelixentes, automatizadas, flexibles, interconectadas e sociais así como, para impulsar a hibridación sectorial mediante a interconexión dos distintos sectores co sector TIC para abrir novas vías que melloren a súa competitividade. |