Política de Accesibilidade
O portal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.
A política de accesibilidade aplicada pola Amtega está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
Cumprimento dos estándares
As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automático da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.
Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.
Data de última revisión
A última revisión manual de accesibilidade deste portal foi realizada con data 11/05/2018.
Contacto
A Amtega, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través de calquera das modalidades de presentación que ten dispoñibles o Sistema integrado de atención á cidadanía.