Proxectos europeos

Formulario de busca

Proxecto STAMAR

Formulario de busca

 

Proxecto STAMAR

O proxecto STAMAR enmárcase na prioridade 1 do Programa Operativo Espazo Atlántico “Promover redes transnacionais, empresariais e de innovación” e máis concretamente no obxectivo 1 da devandita prioridade “Desenvolvo de transferencias de coñecemento entre empresas e centros de investigación”, perfectamente aliñado co obxectivo xeral do proxecto STAMAR, que pretende contribuír a mellorar a competitividade e capacidade de innovación das PEMES do sector marítimo do Espazo Atlántico favorecendo os procesos de transferencia tecnolóxica, concretamente daquelas solucións que favorezan un desenvolvemento empresarial sustentable co medioambiente.

Así, o proxecto STAMAR nace como resposta á necesidade de perfilar nas rexións do Espazo Atlántico un sistema de transferencia que funcione con eficacia e eficiencia e que conduza a uns resultados satisfactorios tendo en conta as particularidades das Pemes que operan en mercados locais, que son a tipoloxía de empresa máis característica do sector marítimo no Espazo Atlántico.

OBXECTIVOS ESPECIFICOS

  • Ampliar a carteira de solucións tecnolóxicas ás que as PEMES do sector do mar poidan acceder.
  • Impulsar e promover a transferencia daquelas solucións tecnolóxicas que contribúan á conservación da biodiversidade e o medioambiente.
  • Poñer a disposición das PEMES do sector marítimo un espazo de referencia para levar a cabo actividades demostradoras de solucións tecnolóxicas útiles para o devandito sector.
  • Deseñar e desenvolver unha estratexia conxunta para facilitar o acceso das tecnoloxías ao mercado e facilitar os procesos de transferencia.
  • Fomentar o achegamento dos centros de investigación ás empresas xerando espazos de traballo conxunto.
  • Poñer en práctica polo menos unha experiencia piloto de transferencia en cada unha das rexións participantes.

ACTIVIDADES

  • Vixilancia tecnolóxica sectorial nas rexións participantes no proxecto. Crearase un grupo de traballo transnacional que realizará labor de vixilancia tecnolóxica nas rexións participantes para pre-seleccionar aquelas tecnoloxías que potencialmente poderían integrar unha carteira sectorial de solucións tecnolóxicas.
  • Elaboración dunha carteira transnacional de tecnoloxías que, favorecendo a conservación da biodiversidade e o medioambiente, sexan susceptibles de implementación nas PEMES do sector marítimo.
  • Creación dun Centro transnacional demostrador de tecnoloxías de interese para o sector marítimo a disposición dos Centros de investigación e as pemes do sector.
  • Deseño dunha estratexia conxunta de achegamento das tecnoloxías ás pemes do sector marítimo das rexións participantes a través do desenvolvemento dunha estratexia “tecnology push” que abarcará desde a selección da tecnoloxía e a valorización da mesma ata a selección do vehículo de transferencia máis apropiado e o acompañamento no proceso.
  • Organización de eventos de Co-Creation entre empresas e Centros de investigación/ tecnolóxicos para favorecer dinámicas de traballo que faciliten a incorporación das necesidades do mercado aos procesos de investigación.
  • Pilotaxe de procesos de transferencia das tecnoloxías previamente seleccionadas. Apoio e asesoramento para a posta en marcha de proxectos piloto de transferencia naquelas pemes do sector marítimo interesadas en iniciar unha experiencia de innovación tecnolóxica.

SOCIOS