Proxectos europeos

Formulario de busca

Proxecto ARPAD

Formulario de busca

 

Proxecto ARPAD

O Proxecto ARPAD articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia- Norte de Portugal no marco do eixo Cooperación e xestión conxunta para o fomento da competitividade e promoción do emprego, e baixo o esquema prioritario "Servizos e aplicacións do TIC para o cidadán".

Obxectivos

Este proxecto é unha iniciativa de cooperación interadministrativa que permitirá reducir o uso do papel na actividade das AAPP traballando en dúas vías: a xestión documental electrónica coa creación do Arquivo Dixital de Galicia e o desenvolvemento de servizos dixitais administrativos e de interoperabilidade.

Por medio deste proxecto preténdese actuar en distintos ámbitos que afectan á actividade das administracións da Eurorrexión:

  • Mellorar a eficacia e a eficiencia da Administración, modernizando a súa xestión no marco da implantación da Administración Electrónica e en concreto na xestión do documento electrónico.
  • Desenvolver o Arquivo Dixital de Galicia.
  • Reducir custos económicos e ambientais asociados á utilización de papel na administración.
  • Estandarizar os formatos e procesos de conservación de expedientes dixitais nas distintas administracións.
  • Establecer mecanismos e servizos administrativos dixitais de interoperabilidade entre Galicia e o Norte de Portugal.
  • Establecer mecanismos, procedementos, estándares e a infraestrutura para a dixitalización, conservación e o acceso ao patrimonio histórico documental de Galicia e o Norte de Portugal.

O Proxecto estrutúrase en 4 eixos de actuación.

EIXO 1. Deseño e construción do Arquivo Dixital Integrado de Galicia: Inclúe o deseño do Modelo Obxectivo de Arquivo Dixital Integrado e definición da folla de ruta para a posta en marcha. Dotación de infraestrutura e desenvolvemento tecnolóxico, e por último a integración de servizos dixitais co Arquivo.

EIXO 2. Servizos de interoperabilidade transfronteiriza: Desenvolvemento dunha rede de rexistros interconectados e impulsando a modo de experiencia piloto o rexistro administrativo da Eurocidade Tui - Valença. Desenvolvemento de servizos electrónicos para a simplificación de trámites transfronteirizos no ámbito das relacións económicas.

EIXO 3. Servizos dixitais de supresión de papel: Selección de servizos que implicarán a supresión do uso do papel na xestión polas administracións. 

EIXO 4. Conservación e promoción do patrimonio documental: Extensión do arquivo dixital cara á conservación do patrimonio histórico, e accións de difusión do patrimonio documental da Eurorrexión.

Socios

Os socios que integran este proxecto son:

Líder da iniciativa