Plan de Administración e Goberno Dixital 2020

Formulario de busca

Plan de Administración e Goberno Dixital 2020

Formulario de busca

Plan de Administración e Goberno Dixital 2020

O Plan de Administración e Goberno Dixital 2020 busca culminar o traballo realizado nos últimos anos en materia de administración electrónica e conseguir unha Administración que funcione integramente de xeito dixital, como esixen as leis 30/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas e 40/2015 de réxime xurídico do sector público, que entraron en vigor o 1 de outubro de 2016.

Unha vez completado, o Plan permitirá un aforro estimado de 31,4 millóns de euros á sociedade e de 10,2 millóns no funcionamento interno da Administración.

As medidas do Plan articúlanse en torno a tres ámbitos de actuación: a madurez electrónica,  a innovación pública e os instrumentos de transformación.

Madurez electrónica

O camiño cara a madurez da Administración electrónica require de actuacións que reforcen e potencien as iniciativas xa iniciadas o que implica evolucionar a sede electrónica, simplificar o acceso á eAdministración, impulsar a interoperabilidade, a xestión electrónica interna e consolidar o Arquivo Dixital electrónico.

A posta en marcha da sede electrónica foi un dos fitos principais do primeiro Plan de Modernización. O novo Plan busca consolidar este esforzo acadando unha tramitación electrónica integral

Para conseguilo estase a dotar  á sede electrónica de máis funcionalidades, personalizadas para os diferentes colectivos, como a posibilidade de  obtención de certificados de xeito inmediato, que permitirá aos cidadáns obter a través da sede certificados (de discapacidade, familia numerosa..)  asinados electrónicamente.

Simplificouse á accesibilidade á administración coa extensión de ferramentas como o servizo   solución Chave 365, que permite interactuar coa Administración a través do teléfono móbil sen necesidade de empregar un certificado electrónico.

Activouse, en determinados procedementos, o sistema de notificacións telemáticas @Notifica, que permite a calquera persoa física ou xurídica recibir as notificacións administrativas nunha caixa de correo electrónico en lugar do tradicional correo certificado e coa mesa validez legal e todas as garantías de seguridade.

Unha peza chave para conseguir a tramitación electrónica integral é a consolidación do Arquivo Dixital Integrado, que permite xestionar o ciclo de vida completo de cada documento e posibilitará, tanto aos empregados públicos como ao propio interesado, recuperar e consultar calquera información dun expediente.

A dixitalización da xestión interna dos empregados públicos é outro dos requisitos do novo contexto dixital. Neste eido xa está en marcha o Plan de xestión e dotación de medios TIC no posto de traballo e crearase o expediente dixital do empregado público, que lle permitirá o acceso aos seus documentos persoais sen necesidade de solicitude previa e simplificará a xestión da función pública. 

No marco de colaboración coas outras administracións, púxose á disposición de concellos e deputacións provincias o nodo de interoperabilidade Pasaxe!, que. Pasaxe! que permite o intercambio electrónico de documentación entre as 3 administracións, evitando  reclamarlla aos cidadáns. Ademais elaborarase un catálogo de servizos compartidos con outras administracións, que se irán sumando aos xa existentes.

Innovación na Administración

O Plan aplica novas prácticas para cambiar os procesos e servizos e conseguir unha Administración con capacidade de anticiparse ás necesidades dos cidadáns.

Estaste a traballar nun novo modelo de atención multicanle, sendo a canle telemática a vía preferente de relación con cidadáns e empresas. Isto implica reformular as tradicionais  Oficinas de Atención, que se transformarán en  Oficinas de Atención  Avanzada, xogando un papel chave para garantir a universalidade do acceso aos servizos públicos electrónicos. Crearase un rexistro de funcionarios habilitados que poderán actuar ante a Administración en nome do cidadán en procedementos que requiran sinatura electrónica.

Abordarase a personalización de servizos para as empresas con medidas como a creación dun rexistro empresarial único, que coordine a rede de rexistros industriais, empresariais e comerciais da Administración pública.

En consonancia co Plan de medidas de impulso democrático do Goberno galego xa se puxo  en marcha o Portal de Transparencia e habilitaranse as canles de participación activa dos cidadáns como o servizo de resposta cidadá ou a habilitación de foros de participación.

Establecerase unha estratexia para o desenvolvemento de servizos en mobilidade da actividade administrativa, que permita tanto á Administración, como ao sector TIC desenvolver unha nova gama de servizos dixitais pensados no mundo móbil.

Outro dos obxectivos é que o Big Data se integre gradualmente na Administración como fonte de información para a adopción de decisións e a articulación de políticas concretas.

Respecto á reutilización de datos do sector público, ampliando o contido do Portal Abert@s, posto en marcha en 2012 e configurarase un catálogo de datos abertos da administración pública autonómica para facilitar o aliñamento con iniciativas de outras Administracións no ámbito autonómico, especialmente a universidade e as entidades locais.

Instrumentos para o cambio

Este proceso de cambio precisa da formación e o acompañamento aos protagonistas do mesmo: cidadáns e empregados públicos. Por iso o Plan contempla medidas para a formación e participación do empregado público e o fomento do uso das canles dixitais por parte da cidadanía. 

A continuación puede acceder al documento íntegro: