Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A Xunta amplía 3 semanas máis o prazo para que as empresas e autónomos das zonas illadas do rural poidan solicitar axudas para o acceso a banda larga ultrarrápida. Con esta modificación da convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) posibilita a presentación das solicitudes ata o próximo 11 de maio. A Xunta, a través da Amtega, destina a esta convocatoria un orzamento de 500.000 euros, que se poderá ampliar ata un máximo de 1 millón de euros, en función da demanda. As axudas subvencionarán ata o 100% dos custos...
A Cidade da Cultura acollerá o sábado 6 de maio a terceira edición de Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura, unha iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). É un evento familiar que combina actividades para pais e nenos ao redor da seguridade na Internet e a creatividade nas novas tecnoloxías. A xornada, que se desenvolverá no Edificio CINC, comezará ás 16.30 horas coa recepción aos asistentes aos obradoiros de robótica educativa, Sploder, Lego e Makey Makey con Scratch,...
O prazo de preinscrición do Programa AceleraTIC+ para formar a persoal directivo de empresas en aspectos clave da transformación dixital dos seus negocios permanecerá aberto ata o 24 de abril ás 18 horas. As persoas interesadas poderán preinscribirse no seu espazo privado na web do CDTIC ou no correo electrónico cdtic@xunta.gal. De entre as solicitudes recibidas, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) seleccionará a 25 directivos para asistir ás sesións formativas, que recibirán, ao completar o programa, o título “II Programa Especializado en Transformación Dixital da...
Máis do 85% das empresas de 10 ou máis empregados e a metade das microempresas galegas empregan software libre. Cabe salientar que as medianas e grandes empresas galegas superan a media do Estado no uso do software libre, situándose no noveno posto do ranking estatal, por diante de comunidades como Madrid, Cataluña ou País Vasco. No caso concreto do sector TIC galego o uso dos software libre elévase un 87,2%. Son datos recollidos nos dous estudos sobre o uso de Software libre nas empresas e nas empresas informáticas de Galicia no ano 2016, publicados hoxe polo Observatorio da Sociedade da...
A Secretaría Xeral para o Deporte, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e coa Escola Galega da Administración Pública (EGAP), levou a cabo, na mañá de hoxe, unha xornada de formación destinada ás 59 federacións deportivas galegas. Debido á entrada en vigor da Lei 39/2015, de 01 de outubro, de Procedemento Administrativo Común da Administración Pública -onde se inclúen novidades ao respecto do uso de medios electrónicos na tramitación de procedementos administrativos-, as federacións deportivas estarían obrigadas ao uso da vía telemática, na relación...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de seleccionar os 10 proxectos que participarán na terceira edición do Programa CeMIT-Innova e que se suman aos 18 xa desenvolvidos en anos anteriores. As iniciativas seleccionadas foron presentadas polas aulas CeMIT dos concellos de Bande, Boborás, Brión, Catoira, Carballedo, Cuntis, Oroso, Ourense, Narón e Santa Comba, co que hai representación das catro provincias. As temáticas dos proxectos seleccionados abarcan diferentes ámbitos como a promoción económica e turística, o desenvolvemento empresarial da zona, a formación...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) elaborarán unha guía técnica de infraestruturas de soporte de Fogar Dixital, que incluirá un proxecto tipo para a instalación destas infraestruturas nas vivendas de nova construción. É unha das actuacións recollidas no convenio de colaboración que veñen de asinar a directora da Amtega e o presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro. A guía recollerá as implicacións e indicacións do Decreto 127/2016, do 15 de setembro, polo que se regulan as infraestruturas...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o director xerente de Afundación Pedro Otero, inauguraron hoxe na Cidade da Cultura a Xornada de presentación do Programa AceleraTIC+, para formar a persoal directivo de empresas en aspectos clave relacionados coa transformación dixital dos seus negocios. Con esta xornada de presentación ábrese o prazo de preinscrición no AceleraTIC+ que permanecerá aberto ata o 24 de abril ás 18.00 h e que conta e con 25 prazas. As persoas interesadas poderán preinscribirse no seu espazo privado na web do CDTIC (https...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, (Amtega), Mar Pereira, e o director xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, Arturo Parrado, mantiveron a pasada semana unha reunión de traballo coa directora xeral de Planificación e Innovación Social da Consellería de Servizos e Dereitos Sociais, Nerea Eguren; e a directora xeral de Planificación Sanitaria da Consellería de Sanidade de Asturias, Mª Concepción Saavedra, que se achegaron a Galicia para coñecer de primeira man a iniciativa da Historia Social Única Electrónica (HSUE), que está a desenvolver...
O tecido empresarial galego incrementou o gasto en bens e servizos TIC entre 2014 e 2015. O crecemento máis significativo rexistrouse nas microempresas cun aumento do 45%, pasando de 26 millóns de euros a case 38 millóns de euros. Nas empresas de 10 ou máis empregados o investimento pasou de 63 millóns de euros a 72,8 millóns, o que supón un crecemento do 15%.  As microempresas destinan máis recursos aos bens TIC, mentres que as empresas de 10 ou máis traballadores destinan a maior parte do gasto a servizos e consultas TIC. Son datos recollidos no informe “A Sociedade da Información nas...

Páxinas