Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

Os xulgados de Santiago dispoñen dun novo equipo de videoconferencias desde este mes, dentro do proceso de reforzo e ampliación deste sistema previsto pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no marco do Plan Senda 2020. Xunto cos xulgados de Santiago, que rexistraron preto de 500 videoconferencias neste ano, tamén contan con novos terminais de videoconferencia os xulgados da Coruña, Betanzos e Vigo. Estas catro sedes xudiciais concentran preto da metade das videoconferencias rexistradas en 2016. Ademais, o partido xudicial de Caldas de Reis incorporouse ao sistema de...
A difusión das últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos son dous dos obxectivos de DIgitalCOntents (DICO) Summit 2017, un evento promovido pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia no marco do programa Viraxe TIC. Os días 24 e 25 de xaneiro o Edificio CINC da Cidade da Cultura acollerá este encontro, que ofrecerá catro tipo de actividades complementarias. Por un lado, os paneis e intervencións de entidades e profesionais de...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe o II Workshop do Programa Primare, durante o cal agradeceu a implicación e o traballo realizado aos 48 axentes que presentaron un total de 30 propostas á consulta preliminar ao mercado do Programa. Esta iniciativa, que desenvolven a Amtega e a Consellería do Medio Rural, busca definir un modelo de Inspeccións intelixentes avanzadas vinculadas ás axudas da Política Agraria Común (PAC) e ofrecer servizos de valor engadido para mellorar a competitividade do ámbito agrícola. Para acadar este...
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza tres xornadas para dar a coñecer, a través de casos prácticos, as axudas para os servizos de dixitalización empresarial que ofrece o programa Re-acciona TIC, impulsado pola Amtega e o Igape. Estas sesións están destinadas principalmente a xerentes, responsables ou técnicos das áreas de comunicación ou marketing das empresas de calquera sector. Para participar nelas cómpre inscribirse na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/). A asistencia é de balde. Primeira xornada na Coruña INEO,...
O programa “Connecting for Good Galicia” iniciou hoxe a súa andaina no Gaiás coa benvida institucional aos seis proxectos emprendedores de innovación social que integran a primeira edición desta iniciativa, impulsada pola Fundación Vodafone España en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia. A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), Mar Pereira; o director do Igape, Javier Aguilera; a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o director de Vodafone España en Galicia, Fran Vallejo, inauguraron esta mañá o Centro Conecting for Good,...
Máis de 1.600  alumnos de educación infantil de 31 concellos poderán realizar, entre os días 12 e 21 de decembro, as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Os escolares de Educación Infantil de Arzúa, Bande, Betanzos, Ferrol e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o luns 12 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha duración de media hora en cada aula. Por toda Galicia Nos seguintes días, ata o 21 de decembro inclusive,...
Xa está aberta a segunda convocatoria do Programa Reacciona TIC, impulsado polo Igape e a Amtega, para facilitar ás pemes o acceso a un catálogo de máis de 400 servizos orientados á súa modernización e innovación. As empresas interesadas poderán acceder, a prezos reducidos, ao asesoramento de axentes colaboradores especializados en procesos de dixitalización e solucións 4.0. As solicitudes poden presentarase de forma telemática na web do Igape. A primeira convocatoria recibiu un cento de solicitudes de empresas interesadas en acceder a estes servizos, e están previstas outras dúas...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou esta mañá a xornada de presentación de casos de éxito organizada polo Clúster TIC Galicia para difundir o labor que están a desenvolver as empresas socias dentro e fóra da Comunidade. Neste sentido, Mar Pereira destacou que o sector tecnolóxico galego ten demostrado a súa capacidade para abordar, tanto a dixitalización de servizos públicos como a de sectores estratéxicos da economía. A directora da Amtega subliñou que no último ano o sector xerou en Galicia 1.200 novos postos de traballo e...
Ao redor do 90% dos fogares con nenos e/ou estudantes conta con acceso a Internet a través de banda larga. A contratación deste servizo é especialmente frecuente cando conviven estudantes maiores de 16 anos, superando en mais de 22 puntos porcentuais ao resto de fogares galegos. Estes son algúns dos datos extraídos dunha nova edición do estudo temático “A mocidade e as TIC”, publicado hoxe polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Impulso das habilidades dixitais a través dos...
O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio de Hewlett Packard Enterprise (CEIN) en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Situm Technologies, acolle hoxe e mañá a primeira edición do Hackathon Big Data & Analytics HPE, que se celebra na sede das súas oficinas na Cidade da Cultura de Galicia. Unha vintena de analistas, investigadores, universitarios, emprendedores, e persoas con inquietudes tecnolóxicas en Big Data & Analytics competirán durante dous días no desenvolvemento de solucións dixitais a partir dos datos de localización da...

Páxinas