Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A Axencia para a Modernización tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de actualizar os contidos do Repositorio de Software Libre da Xunta, coa publicación dunha ferramenta do Proxecto Abalar e dunha nova versión de XEA (https://forxa.mancomun.org/projects/xea), a aplicación de xestión das aulas da rede CeMIT. Amplíase así o contido do repositorio incrementando as aplicacións e ferramentas que a Xunta facilita para a súa reutilización. O Centro Software Abalar (https://forxa.mancomun.org/projects/cs-abalar) é unha ferramenta que permite aos profesores xestionar facilmente a visibilidade das...
O I Hackatón Solidario “Intro para todos”, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Concello de Padrón conseguiu o seu obxectivo: deseñar unha solución que mellore a usabilidade e accesibilidade dos ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía. O Hackatón, convocado polo Concello, a Amtega e a Asociación de Pais e Nais con Discapacidade Intelectual da Comarca do Sar (AMIPA) reuniu o pasado mes de novembro na aula CeMIT local a unha vintena de programadores, deseñadores, e emprendedores que deseñaron unha ferramenta para facilitar ás persoas...
No próximos cinco anos, o índice de titulados nas Universidades galegas en estudos relacionados co ámbito científico tecnolóxico non será suficiente para cubrir a demanda de profesionais do sector TIC. Dos 10.000 alumnos titulados nas Universidades galegas en 2014, só 753 cursaron carreiras científico-tecnolóxicas, unha tendencia descendente que se mantén desde 2010. Uns datos que contrastan coa crecente demanda de emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo. Así queda de manifesto no “Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos,...
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza o día 15 de decembro o seminario “Descubre Drupal 8” (https://cdtic.xunta.es/drupal-8) que se impartirá nas súas instalacións en horario de mañá (de 10.00 a 14.00 h) e tarde (de 15.30 a 18.30 h). Nesta actividade formativa, de carácter práctico, daranse a coñecer as características que fan de Drupal un sistema de xestión de contidos (CMS) axeitado para o desenvolvemento de webs. As persoas asistentes descubrirán os seus compoñentes tecnolóxicos, as súas funcionalidades e as vantaxes...
A directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, asistiu hoxe en Tui á reunión de peche do Proxecto ARPAD, onde se fixo balance dos obxectivos marcados nos catro eixos da iniciativa: a creación do Arquivo Dixital Integrado de Galicia, a conservación e difusión do patrimonio documental conxunto, a habilitación de servizos dixitais e a eliminación do papel nas relaciones administrativas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O Proxecto ARPAD enmárcase no Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España – Portugal (POCTEP) e contou cun orzamento...
Entre os días 10 e 18 de decembro máis de 1.400 alumnos de educación infantil de 29 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Así, os escolares de Educación Infantil de Marín, Betanzos, Sarreaus, O Barco e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT sitas nestes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o xoves 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha visita de media hora en cada aula.Por toda GaliciaNos seguintes días, ata o 18 de...
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organiza o día 10 de decembro o seminario “Unha imaxe vale máis que mil palabras. Aprende a creala con ferramentas libres” (https://cdtic.xunta.es/deseno-grafico). que se impartirá nas súas instalacións en horario de 16.00 a 19.00 horas. Nesta actividade formativa daranse a coñecer as ferramentas que existen en software libre para o mundo do deseño gráfico e da edición, a través dunha introdución aos programas Inkscape, Scribus e GIMP. Trataranse temas como os custos, as fortalezas e as limitacións...
A Xunta e Telefónica colaborarán no desenvolvemento da Industria 4.0 en Galicia, aproveitando o peso e a capacidade innovadora da empresa tractora de telecomunicacións para adaptar á comunidade á nova revolución industrial. Como primeiro paso desta colaboración entre a Xunta e a multinacional, a compañía organizou en Santiago a xornada Industria Conectada 4.0, novos modelos de negocio, que abordou o efecto desa renovación tecnolóxica en sectores como a automoción e o forestal. Durante o encontro, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou que a Industria 4.0, e...
O director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela (GAIN), salientou hoxe na apertura da Mesa Temática Interrexional sobre saúde e I+D+I que se celebra hoxe e mañá en Santiago que a Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia permitirá reforzar a posición da comunidade como referente europeo na innovación en saúde. Varela, que explicou que precisamente un dos tres retos da RIS3, que guía todo o investimento innovador galego, é converter a Galicia en líder no sur de Europa no eido da mellora da calidade de vida con especial atención ao envellecemento activo, lembrou que...
O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, resaltou na entrega dos IX Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións a importancia de poñer os avances tecnolóxicos ao servizo das persoas para así favorecer a atención á dependencia e a inclusión social das persoas con discapacidade. O presidente da Xunta defendeu na súa intervención o papel central que desenvolveu a innovación na recuperación económica e destacou o enorme esforzo que o tecido industrial da nosa comunidade está a facer para incorporar a I+D+i aos procesos de produción. Como exemplo, quixo destacar o lanzamento...

Páxinas