Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) veñen de completar a activación da aplicación gratuíta Meteogalicia coa que os cidadáns poderán consultar a información de predición e das redes de observación de Meteogalicia por concellos e para un horizonte de ata 10 días, a través dos seus dispositivos móbiles. Ata o momento só os usuarios con dispositivos Android e iOS, tanto para smartphone como tablets, tiñan esta opción que agora se amplía para os usuarios de Windows phone e BlacberryOS. Segundo os datos que...
O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) incorpora unha nova aplicación libre na nube ao CDTIC Virtual. Trátase de Xeshostal, unha ferramenta pioneira no Estado para mellorar a xestión dos pequenos establecementos turísticos e para compartir datos estatísticos, que foi liberada o ano pasado pola Amtega en colaboración co Instituto de Estudos Turísticos de Galicia (IETG) dependente da Axencia de Turismo de Galicia. Este aplicativo permite aos pequenos establecementos xestionar as súas reservas e facturas nunha base de datos ordenada de clientes;...
O proxecto Situm, de Adrián Canedo Rodríguez e Víctor Álvarez Santos, vén de acadar o primeiro premio a nivel nacional do programa Yuzz, dotado cun total de 30.000 euros para desenvolver a súa idea. Esta iniciativa viña de ser escollida como a mellor do centro Yuzz de Santiago e, polo tanto, correspondíalle competir a nivel nacional coas ideas gañadoras das outras 23 cidades españolas –incluída Vigo- que contan cun centro Yuzz.Situm consiste nunha tecnoloxía de localización de smartphones que permite coñecer a posición de calquera teléfono dentro dos edificios onde o GPS non funcione. Isto...
 A aplicación ‘Teclado galego para Android’ foi a gañadora do ‘Primeiro Concurso Faite Dixit@l de Aplicacións Móbiles’, unha das actividades do proxecto de capacitación dixital ‘Faite Dixit@l!’, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. A app gañadora, creada por Álvaro Ordóñez, permite integrar en dispositivos móbiles un teclado especificamente desenvolvido para escritura en idioma galego, que incorpora ademais un dicionario nesta lingua para facilitar a predición do texto. O xurado destacou a orixinalidade e innovación da...
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar hoxe os dous vídeos premiados do concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’. A curta máis votada foi “As Cousas de antes” do IES Perdouro de Burela, seguida de “Revivamos Galicia” do IES de Cacheiras do Concello de Teo. Este foi o resultado de 10 días de votacións que remataban onte, 19 de decembro. Durante este período os internautas podían votar a través de www.facebook.com/amtega, no apartado "Curtas Finalistas ADG2020” os vídeos que consideraran que mellor representaban o futuro de Galicia a...
 O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que ao longo do vindeiro ano 2015 entrará en funcionamento a primeira fase do Arquivo Dixital Único de Galicia, que albergará os fondos do Patrimonio Documental galego e favorecerá unha mellor interconexión administrativa no eido da Eurorrexión. O mandatario autonómico deu conta do acordo adoptado no Consello da Xunta polo que se aproba o marco de referencia do Arquivo Dixital de Galicia que, segundo apuntou, vén ser a estrutura tecnolóxica e organizativa que dará soporte ao modelo de xestión de documento electrónico da...
Desde o pasado día 11 de decembro máis de 1.300 alumnos de educación infantil de 28 concellos de Galicia realizaron as súas peticións de Nadal a Papa Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Mañá, venres 19, serán os escolares de Educación Infantil de Ames, Cuntis e Castro Caldelas os últimos que recibirán esta visita, a través das aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará a partir das 10 da mañá e ata as 13.00 horas, a razón de media hora en cada aula.Por toda GaliciaDesde o día 11 conectaron con Laponia as...
 A Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e Turismo de Galicia, puxo en marcha este ano o Plan Smart Turismo para impulsar a modernización e a competitividade do sector a través das TIC. As liñas do Plan foron un dos temas abordados hoxe na Xornada “Retos e Oportunidades tecnolóxicas para o sector do turismo”, organizada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) en colaboración con Turismo de Galicia, o Clúster Turismo de Galicia e o Clúster TIC galego. A directora da Amtega adiantou que en 2015 entrará en funcionamento un dos elementos chave deste...
Co seminario de expertos sobre `Internet das Cousas’ e a entrega dos premios do ‘Primeiro Concurso ‘Faite Dixit@l!’ de Aplicacións Móbiles’, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) clausurará o vindeiro venres, 19 de decembro, a iniciativa ‘Faite Dixit@l!`, posta en marcha o pasado mes de setembro. Clausura, que terá lugar no Edificio CINC, na Cidade da Cultura, e que correrá a cargo da directora de Amtega, Mar Pereira. Durante o acto farase entrega dos premios do concurso de aplicacións móbiles de Faite Dixit@al, ao que se presentaron 12 aplicacións, e cuxo gañador...
Desde o pasado día 11 e ata o 19 de decembro máis de 1.300 alumnos de educación infantil de 28 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papa Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas. Mañá, mércores 17, serán os escolares de Educación Infantil de Ferrol, Cerceda, Fisterra, Quiroga, Santa Comba e A Cañiza os que recibirán esta visita, a través das aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará a partir das 10 da mañá e ata as 13.00 horas, a razón de media hora en cada aula.Por toda GaliciaAta o...

Páxinas