Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

A Xunta impulsará a interoperabilidade entre administracións actuando como o nodo que posibilitará o acceso dos concellos a servizos dixitais da Administración electrónica que ofrece Estado. Esta medida é posible grazas a un convenio de colaboración asinado recentemente entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Grazas ao acordo, servizos como a sinatura electrónica avanzada, o acceso á plataforma de intermediación de datos por medios electrónicos, a interconexión de rexistros e o sistema de certificación e...
A Coruña será mañá escenario de Big Ciencia, un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación impulsado pola Consellería de Economía e Industria que ao longo deste mes de decembro converteu as fachadas dos edificios máis emblemáticos das cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo. A cita será a partir das 18.30 horas de mañá na Praza do Museo Nacional. O xogo será proxectado sobre a fachada do edificio Prisma de Cristal, sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de España (Muncyt), que se converterá nunha enorme pantalla. Tras celebrarse o pasado día 11 na Praza do...
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá na presentación da plataforma de poxa virtual, Lonxanarede, unha iniciativa do Grupo de Acción Costeira Fisterra-Ría de Muros e Noia, GAC 4. Durante a súa intervención, a conselleira sinalou que a plataforma é un exemplo de traballo conxunto do sector a través do GAC e en beneficio do territorio. Neste sentido, destacou a importancia do uso das tecnoloxías da información e da comunicación –TIC- para a posta en valor do labor dos GAC. Rosa Quintana explicou que a posta en marcha de Lonxanarede permitirá ofrecer aos seus...
Numerosos vigueses déronse cita hoxe na rúa do Progreso para poñer a proba os seus coñecementos científicos en Big Ciencia, un novidoso concurso popular que ao longo deste mes está a converter as fachadas de edificios emblemáticos de cinco cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo. O espectacular e innovador formato desta iniciativa de divulgación científica atraeu a atención de numerosos cidadáns, xa que combina en plena rúa o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato, o que xerou grande expectación nun dos puntos máis emblemáticos da...
Numerosos vigueses déronse cita hoxe na rúa do Progreso para poñer a proba os seus coñecementos científicos en Big Ciencia, un novidoso concurso popular que ao longo deste mes está a converter as fachadas de edificios emblemáticos de cinco cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo. O espectacular e innovador formato desta iniciativa de divulgación científica atraeu a atención de numerosos cidadáns, xa que combina en plena rúa o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato, o que xerou grande expectación nun dos puntos máis emblemáticos da...
O salón de actos do Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa acolleu este mediodía a última sesión e a clausura das Primeiras Xornadas sobre o uso das TICs (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), dirixidas aos alumnos de segundo curso dos ciclos formativos. Así os mozos e mozas participantes nestas xornadas coñeceron polo miúdo as ferramentas que ofrecen as novas tecnoloxías que están a revolucionar o mundo das comunicacións, tanto o campo social como empresarial. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado pola xefa territorial de Educación,...
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, asistiu esta tarde á sesión inaugural de Big Ciencia, un novidoso concurso popular que ao longo deste mes converterá as fachadas de edificios emblemáticos de cinco cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo. Esta iniciativa de divulgación científica congregou hoxe a numerosos composteláns e turistas na Praza do Obradoiro, diante da fachada do Reitorado da Universidade de Santiago, para poñer a proba os seus coñecementos científicos. O espectacular e innovador formato desta actividade atraeu a atención de numerosos cidadáns, xa que...
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe que a posta en marcha do Centro de Emprendemento TIC crea na Cidade da Cultura un punto de encontro para o talento TIC no que os emprendedores do sector poderán desenvolver os seus proxectos e recibir orientación e formación. Así o desacou o titular do Goberno galego tras presidir este mediodía a sinatura do acordo entre a Xunta e Telefónica para que este centro de ‘coworking’ bote a andar no primeiro trimestre de 2014. Destacou que esta iniciativa é un dos primeiros froitos do Pacto Tecnolóxico asinado en xullo entre a Xunta e 10...
Máis de 1.700 rapaces duns 30 centros educativos das catro provincias poderán falar con Papá Noel a través de videoconferencia grazas a unha iniciativa da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), que se desenvolverá entre o 11 e o 20 de decembro. Un ano máis a Rede CeMit aproveita estas datas para brindar aos nenos de diversas localidades a oportunidade de manter unha videoconferencia con Papá Noel na que poderán pedirlle os seus regalos de Nadal. Este intercambio de mensaxes comezará o mércores 11 de decembro con escolares de Valga, Monforte de Lemos e Betanzos...
Un dos obxectivos da estratexia tecnolóxica da Xunta de Galicia é impulsar o crecemento e a competitividade dos principais sectores produtivos galegos a través da integración das TIC nos seus modelos de negocio. Así o destacaba a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, durante a visita a XX Feira dos Autónomos de Galicia, que se celebra en Expocoruña ata o 8 de decembro, e no que a Amtega conta cun stand. A responsable da área tecnolóxica da Xunta afirmou que avanzar neste obxectivo é especialmente importante no caso do tecido empresarial galego...

Páxinas