Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

O Centro Demostrador TIC (CDTIC), que ten como obxectivo amosar aos sectores produtivos como as novas tecnoloxías poden mellorar a súa competitividade, acolleu durante este ano 2012 dezasete sesións demostradoras nas que participaron máis de 250 empresas dos sectores agroalimentario, sociosanitario, de comercio, do ensino e da automoción. Os asistentes puideron coñecer de primeira man máis de trinta solucións tecnolóxicas específicas que o sector TIC galego pon ao seu servizo. Outro dos obxectivos do Centro Demostrador TIC é o de formar e capacitar ás pemes e micropemes galegas nas novas...
A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) impartiu este ano máis de 38.000 horas de formación dixital gratuíta, o dobre que 2011. Ademais, en 2012 duplicáronse os usuarios rexistrados do ano anterior superando os 21.000. Estes datos sitúan a Rede CeMIT como a iniciativa co maior número de usuarios fóra da educación regrada e cun nivel de satisfacción dun 8,75% sobre 10. Das máis de 38.000 horas do Plan de Formación 2012, máis do 61% corresponden aos cursos de alfabetización dixital dirixidos á cidadanía en xeral; os cursos sobre contidos multimedia e audiovisual...
Un total de 676 familias e empresas solicitaron no prazo dun mes ás axudas da Xunta para contratar o servizo de conexión a internet vía satélite. Esta actuación corresponde á sexta e última liña do Plan de Banda Larga da Xunta e está destinada ás zonas da Comunidade máis illadas, dispersas e de orografía complicada, onde o acceso a Internet só é posible vía satélite. Estas axudas convocaranse de novo en 2013 e 2014. O investimento deste ano superou os 335.000 euros e o orzamento total ata 2014 é 1.077.000 euros. Este programa de axudas é posible grazas ao acordo asinado o pasado mes de abril...
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, inaugurou esta mañá a I Xornada de Boas Prácticas para a Inclusión Social. Trátase dunha iniciativa do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta para dar a coñecer ás entidades de acción social da Comunidade solucións tecnolóxicas do ámbito social desenvolvidas por empresas TIC Galegas. A responsable da área tecnolóxica da Xunta puxo en valor a capacidade do sector tecnolóxico galego para dar resposta ás necesidades específicas dos colectivos con máis dificultades de acceso a tecnoloxía. No contexto actual,...
A nova campaña de concienciación dos mozos sobre o consumo de alcohol realízase por primeira vez en Galicia a través do Tuenti, considerado o medio máis empregado por este sector da poboación. Cocos ao 100% é o nome desta campaña que ten como obxectivos primordiais falar directamente cos mozos galegos empregando os seus códigos, coñecer as súas inquedanzas de primeira man, escoitalos e responder as súas dúbidas, e explicarlles como é de prexudicial consumir alcohol nesta etapa da súa vida. O director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela Rey, presentou esta mañá a...
O operador público Retegal, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), é unha das catro empresas que participa no proxecto GREEN, que ten como obxectivo conseguir que a rede dun operador de telecomunicacións sexa moito máis eficiente, reducindo o consumo enerxético dos equipos empregados e optimizando o uso do espectro radioeléctrico, conseguindo así un importante aforro de custos na prestación de servizos do operador. No proxecto Green, ademais de Retegal participan Itelsis, líder do proxecto e referente nacional no deseño de equipamento de Telecomunicacións...
O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra hoxe a Xornada “Identidade Dixital e Busca de Emprego 2.0” na que participan 40 voluntarios dos Espazos de Busca Activa de Emprego da Cruz Vermella. Os Espazos de Busca Activa de Emprego (EBAE) son lugares de busca laboral equipados cos medios técnicos para preparar a candidatura a unha oferta de traballo, subscribirse a ela e facer un seguimento desta. O espazo está dinamizado por voluntariado de Cruz Vermella, que acompaña os usuarios e usuarias en todo o seu proceso de integración sociolaboral. Obxectivos e RelatoresO obxectivo da Xornada...
O Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace á Lei do taxi e á Lei de impulso e ordenación das telecomunicacións -aprobadas no primeiro semestre de 2012- para iniciar o seu trámite parlamentario, logo da interrupción da súa tramitación pola disolución do órgano lexislativo. No tocante á Lei do taxi, o presidente do Goberno galego cualificou a norma de pioneira, novidosa e necesaria. “Novidosa porque ata o de agora o sector carecía dunha normativa propia; e necesaria para dar seguridade xurídica a un sector que representa a 4.000 taxistas, a 138 vehículos de arrendamento con condutor e a miles...
O Programa de Voluntariado Dixital da Xunta celebra hoxe o seminario “Internet móbil para persoas maiores”. Na xornada, que será impartida por profesionais da empresa tecnolóxica Everis, mecenas dixital do programa, participan 100 persoas maiores usuarias da Aulas da terceira idade da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, ATEGAL, organismo colaborador da iniciativa. O obxectivo desta xornada formativa é favorecer a inclusión dixital de persoas maiores, intentando facilitarlles o acceso as aplicacións de internet a través de dispositivos móbiles. Con este obxectivo a...
Patricia Costas Salgueiro (da aula CeMIT de Vigo), Henar Alonso Lomba (da aula CeMIT de Tui) e Francisco Javier Pita (da aula CeMIT de Pontedeume) foron os gañadores do Concurso de Produción Audiovisual, unha iniciativa enmarcada no Plan de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT). O concurso, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), tiña como obxecto recoñecer os mellores traballos desenvolvidos polos alumnos do Curso de Produción Audiovisual que se desenvolveu entre outubro e novembro nas aulas...

Páxinas