Novas

Formulario de busca

Novas

Formulario de busca

Páxinas

Desde a posta en marcha do Centro Demostrador TIC no mes de xullo, un total de 17 empresas TIC galegas presentaron as súas solucións tecnolóxicas no centro e máis de 200 profesionais participaron nas súas actividades e se achegaron coñecer as súas instalacións. En total foron 19 as solucións tecnolóxicas presentadas no CDTIC nos últimos cinco meses, o que pon de manifesto o esforzo e a potencialidade das empresas TIC da Comunidade. A valoración que estas fixeron do centro tras a súa participación como entidades demostradoras foi moi positiva: un 37% das empresas expresaron un grao de...
A web da Xunta vén de habilitar o espazo Portais A-Z para facilitar aos usuarios a localización todos os portais web e canles de redes sociais que a Administración autonómica ten operativas na rede. En Portais A-Z, situado na parte superior dereita de www.xunta.es, o usuario atopará unha listaxe en orde alfabética dos 226 os portais web e as 97 contas en redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr, Youtube e Vimeo que os diferentes departamentos da Xunta teñen en funcionamento e permanentemente actualizados nestes momentos. Categorizados por departamentos e temasCada un dos portais e...
A Consellería de Economía e Industria facilitou información detallada sobre as posibilidades de apoio público co que poden contar, para impulsar os seus proxectos, ás empresas asociadas arredor do Centro Tecnolóxico Aimen, que se distinguen polo seu alto potencial de investimento asociado á innovación e posibilidades de internacionalización. Ese foi o obxectivo do encontro no que participaron os directores do Igape, Javier Aguilera, e Xesgalicia, Juan Cividanes, e que se desenvolveu esta mañá nas instalacións de Aimen no Porriño. Aguilera e Cividanes informaron a un grupo de empresarios...
A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asistiu hoxe a entrega da VIII Edición dos Premios Eganet á que se presentaron 74 empresas, entidades e profesionais cun total de 192 candidaturas. Mar Pereira sinalou que as candidaturas presentadas reflicten “o espírito emprendedor do sector tecnolóxico galego” e son un claro exemplo de que Galicia conta con capacidade para competir en ideas e innovación apostando por novos proxectos TIC: consolidando asempresas do sector, creando novas aplicacións e servizos online e adaptando a forma de comunicar ás necesidades do...
O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, inaugurou esta mañá as obras de mellora que se desenvolveron na aula CeMIT de Boiro e nas que o Goberno galego investiu arredor de 33.000 euros. En concreto, leváronse a cabo actuacións de actualización desta aula –anterior ao ano 2005-, mediante a instalación de novo mobiliario (mesa do profesorado e cadeiras); da renovación do equipamento informático (con 12 novos PCs e pantallas); a instalación de equipamento audiovisual complementario do existente; así como a instalación dun sistema profesional de videoconferencia....
A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica pon en marcha un programa de axudas para que as familias galegas con menos recursos económicos poidan acceder a Internet nos seus fogares. O orzamento do programa para 2012 é superior aos 570.000 euros e permitirá subvencionar a contratación deste servizo a máis de 3.000 familias. Así se recolle nun convenio de colaboración asinado esta mañá entre a responsable do departamento autonómico, Mar Pereira, Director de Administracións Públicas do Territorio Norte de Telefónica, Manuel Alonso, e o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico....
A web de Xunta de Galicia é a terceira máis accesible de todos os portais corporativos das Comunidades Autónomas, segundo o último informe do Observatorio de Accesibilidade do Ministerio Política Territorial e Administración Pública. En menos dun ano, entre xuño do 2010 e outubro de 2011, o portal corporativo subiu dez postos nesta clasificación. O Observatorio puntúa os portais en 3 niveis de cumprimento e tamén cunha nota media de 0 a 10. No último informe o portal da Xunta obtivo o máximo grao de cumprimento dos 3 niveis, e unha puntuación media dun 9 sobre 10. Desde o Goberno galego,...
O Centro Demostrador TIC acollerá a o vindeiro 21 de decembro unha xornada demostradora sobre "Solucións tecnolóxicas para a modernización da Industria Transformadora de Produtos da Pesca", na que se exporá ao tecido empresarial do sector diversas solucións tecnolóxicas que posibiliten a modernización do seu negocio, a mellora do seu posicionamento na economía galega, así como a apertura a novos mercados. A Xornada, que se celebrará en horario de 10:00h a 14:00h, fará un percorrido por distintas solucións TIC como poden ser unha solución para o control do proceso de trazabilidade e outros...
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, presentou hoxe unha nova liña de produción de cegoñais forxados que a compañía CIE-Galfor ten posto en marcha en cumprimento do Plan Industrial presentado ao Concurso Eólico da Xunta de Galicia. Coa posta en marcha desta cuarta liña de fabricación na planta da compañía, no Polígono de San Cibrao das Viñas, faise posible a creación de novos postos de traballo e a consolidación de 400 empregos directos. Javier Guerra destacou que “o Concurso Eólico galego é unha realidade” que “continúa dando os seus froitos e xerando riqueza e emprego para...
A Escola Galega de Administración vén de publicar no Diario Oficial de Galicia o seu Plan de Formación continua para o persoal da Administración Autonómica de Galicia para o vindeiro ano 2012, no que destaca que, case un 72% das accións formativas levadas a cabo pola Escola serán na modalidade de teleformación. Para o ano 2012, a Escola aposta firmemente polas accións formativas na modalidade de teleformación a través da implantación dun proxecto pedagóxico que ordena os procesos de aprendizaxe nun estándar común. Esta modalidade formativa facilita o acceso á formación daqueles empregados...

Páxinas